spot_img
InicioGaliciaSanto André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo

Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo

Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivoCando se visita esta terra, hai que poñer especial coidado nos seres vivos que se atopan, pois segundo a tradición, que non visitou Santo André de Teixido en vida, ten que facelo despois de morto convertido en alma en pena, ou nun pequeno animal, xeralmente un reptil ou un insecto

Revista COUSAS DE Nº18

Teixido é lugar de peregrinación e ten un dos principais templos de culto de toda Galicia. A igrexa existe desde o século XII. Foi propiedade da Óden de Malta e posteriormente pasou ás mans da Órden de San Xoan de Xerusalén ata que se fixeron con ela os Andrade. Ata hoxe poden verse no templo unha cruz sanxoanista e un relevo de pedra co escudo de armas desta casa nobiliaria.

Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo

O edificio actual comezou a construirse no século XVI, aínda que tivo diversas reformas posteriores. Enmárcase no estilo gótico con carácter mariñeiro. Da primeira época manténse na portada norte o arco apuntado.

A torre situada no lateral da fachada data do sáulo XVIII. No interior hai pinturas murais que representan o martirio de Santo André e que foron descubertas en 1970 tras o retablo maior barroco (s.XVIII), xunto cun relicario con restos do propio apóstolo.

Teixido converteuse nun importante punto de peregrinación desde a súa fundación. No camiño a Santo André, culto e tradición mestúranse coas imaxes impactantes dunha paisaxe incomparable. Subindo pola Costa Grande, a Costa Pequena ou a Costa de Teixidelo atópanse moitos milladoiros. Son moreas de pedras que os peregrinos van deixando, mantendo vivo un costume que posiblemente se remonte á época do Neolítico.

A poucos metros da Capela atópase a Fonte do Santo, unha fonte milagreira que nace baixo o altar maior da igrexa e da que mana auga limpa e fresca. Trátase dunha fonte de tres canos do ano 1781, realizada en pedra cun encintado moi característico, como a maioria das edificacións da zona.

 

Historia, paixase, lenda e tradición fan obrigada a visita a Santo André de Teixido.

- Publicidade -spot_img