spot_img
InicioBaixo MiñoSan Xerome presenta o proxecto "Un Baixo Miño para tod@s" ante os...

San Xerome presenta o proxecto “Un Baixo Miño para tod@s” ante os concellos da comarca

san-xerome-presenta-o-proxecto-un-baixo-mino-para-tods-ante-os-concellos-da-comarcaEsta iniciativa xa está en funcionamento en Nigrán, e ten previsto comezar a implementarse nos concellos limítrofes da comarca do Val Miñor, sendo o Centro Juan María a entidade promotora.

Ó longo do mes de xullo, a Asociación San Xerome Emiliani, en colaboración co Centro Juan María de Nigrán e Jacinto Lareo (como asesor especilista en materia de accesibilidade), estableceu as primeiras liñas de acción cos diferentes concellos do Baixo Miño para promover de maneira conxunta un novo proxecto de accesibilidade cognitiva “Un Baixo Miño para tod@s”.

Os resultados obtidos até o momento son moi positivos, destacando o seu baixo custe e o gran número de beneficiarios  (persoas que non teñen lecto- escritura, estranxeiros, persoas con diversidade funcional, etc.). Isto serve de referente para iniciar tamén este camiño en Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.

As barreiras arquitectónicas non son o único obstáculo a derrubar en materia de accesibilidade, e a nosa labor como entidade da comarca é promover un replantexamento deste concepto, xerando unha resposta máis global e axustada á “Accesibilidade Universal”.

A accesibilidade cognitiva, a habitualmente esquecida, é unha ferramenta que facilita ás persoas da comunidade a comprensión da contorna e os seus elementos, así como sistemas de apoio para ó acceso a información.

Dende San Xerome Emiliani pretenden ser un medio facilitador, que a través de accións de asesoramento, informativas, formativas, divulgativas e de concienciación dirixidas ós concellos e a cidadanía en xeral, promova unha resposta razoable ás necesidades dunha comunidade heteroxénea.

Nos comunican que trala gran acollida por parte dos concellos da comarca, o proxecto comezará a implementarse no mes de setembro. Para isto, contaran con diferentes equipos de traballo conformados por usuarios da Asociación, voluntarios, profesionais e outros colaboradores, así como mesas de traballo mensuais cós concellos para a presentación das propostas avaliadas.

- Publicidade -spot_img