Inicio Val Miñor Baiona Ofrecer unha imaxe mais renovada dos mercados galegos, obxectivo do novo programa...

Ofrecer unha imaxe mais renovada dos mercados galegos, obxectivo do novo programa de Fepragal presentado en Baiona

A Xunta destaca que a proposta de Fepragal de empaquetar os produtos con referencias ao Camiño de Santiago impulsará a actividade nos mercados. O novo empaquetado, que inclúe bolsas, caixas de picnic ou vasos para cafés, permite ofrecer unha imaxe renovada e máis homoxénea dos mercados galegos.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou esta mañá o mercado de Baiona, onde a Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal) informou do novo programa de empaquetado de produtos que, aproveitando o impacto positivo do Camiño de Santiago, permitirá ofrecer unha imaxe máis renovada dos mercados galegos, ao tempo que impulsará a súa actividade.

Conde agradeceu a Fepragal a súa aposta por esta iniciativa de packaging, enmarcada na iniciativa Mercados no Camiño e que contribuirá a que as prazas de abastos sexan máis competitivas e conten cunha imaxe innovadora e máis homoxénea, ao empaquetar os produtos en bolsas, vasos para tés e cafés ou caixas de picnic nas que se fai referencia ao Camiño de Santiago.

O conselleiro indicou que o Camiño de Santiago axuda a dar a coñecer os mercados galegos, nun ano no que ademais se están rexistrando cifras récord, con preto de 150.000 peregrinos nos primeiros sete meses deste ano, o que converte o Camiño nun escaparate idóneo para informar sobre a calidade do produto local que se vende nas prazas de abastos. Cómpre sinalar que nos mercados participantes na iniciativa os peregrinos poderán selar as súas credenciais. Neste sentido, o municipio de Baiona está incluído no percorrido do Camiño Portugués, xunto a outros concellos como Vigo, Pontevedra, Redondela ou Nigrán. Así, o mercado baionés é un dos 59 que poden visitar os peregrinos durante o seu percorrido cara a Santiago.

Conde avogou por camiñar todos os axentes sociais e económicos na mesa dirección para que os mercados se consoliden como referentes na xeración de emprego e riqueza e, polo tanto, nos principais centros de dinamización do comercio de proximidade.

Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia destacou que as prazas de abastos son un gran reclamo gastronómico para cada un dos municipios que percorre o Camiño de Santiago. Así mesmo, Nava Castro sinalou que os mercados galegos se converten en grandes escaparates de Galicia como destino actuando como importantes ferramentas de promoción.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies