spot_img
InicioBaixo MiñoSan Xerome Emiliani e os concellos do Baixo Miño, asinan o Protocolo...

San Xerome Emiliani e os concellos do Baixo Miño, asinan o Protocolo de adhesión “Un Baixo Miño para Tod@s”

san-xerome-emiliani-e-os-concellos-do-baixo-mino-asinan-o-protocolo-de-adhesion-un-baixo-mino-para-tods

No marco do X Aniversario da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, hoxe 1 de decembro a Asociación San Xerome Emiliani xunto con concellos do Baixo Miño, formalizaron o traballo iniciado no mes de setembro a través da sinatura do protocolo de adhesión dun proxecto sobre accesibilidade universal denominado “Un Baixo Miño para Tod@s”.

Neste acto estiveron presentes a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; o Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, acompañado da concelleira de servizos sociais; e a concelleira de servizos sociais de O Rosal, Mª Carmen Alonso. O alcalde de Tui, por un imprevisto de última hora non pudo asistir, polo que faran chegar a documentación a este concello para completar o proceso. Tamén estivo neste día a precursora do proxecto “Un Nigrán para Tod@s”, Mari Santos, á hora de extrapolalo a comarca do  Baixo Miño.

Por parte da asociación San Xerome Emiliani, estiveron presentes algúns dos usuarios e profesionais integrantes dos equipos de traballo que acuden regularmente ós concellos. En representación da Asociación, asinou o protocolo Asunción Dacuña Pacheco, presidenta de San Xerome Emiliani.

“Un Baixo Miño para Tod@s”, consiste en traballar de maneira conxunta co fin de promover a inclusión das persoas con discapacidade intelectual. Para isto, “precisamos desenrolar accións informativas, de análise, de adaptación, de validación e divulgativas de interese social sobre a accesibilidade universal, elaborando propostas nestes eidos que fagan máis accesible a nosa contorna dende un punto de vista físico e cognitivo. Prestamos especial atención ás barreiras cognitivas (como por exemplo orientación espacial no concello a través de directorios con diferentes códigos comunicativos, gamas cromáticas, bucles de indución magnética, etc. )”.

Os concellos comprometéronse, a facer seus os retos e preocupacións do proxecto presentado dende a Asociación, apoiando e difundindo os valores do mesmo, así como participando de forma activa no seu desenvolvemento e implementación.

Na clausura os presentes degustaron pinchos que preparou o taller de cociña do servizo de adultos, dando por rematado dunha maneira distendida esta xornada.

- Publicidade -spot_img