Inicio Vigo e área Vigo San Miguel de Oia acollerá en xuño a II edición do The...

San Miguel de Oia acollerá en xuño a II edición do The Wild Festival

San Miguel de Oia acollerá en xuño a II edición do The Wild Festival
De esquerda a dereita: Juan de Castro, xestor The Wild Festival, Juan Pablo Pérez Diz, coordinador The Wild Festival, Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente, Miriam Gesteiro Reyes, coordinadora Wild Racer, Óscar Gallego Lorenzo, director The Wild Festival, Manuel Giraldez Pequeño, presidente da Comunidade de Montes San Miguel de Oia

Tras o éxito da primeira edición tras o éxito do certame de 2019, The Wild buscará asentarse como un festival multidisciplinar e sostible de referencia na comarca de Vigo

O equipo de dirección do certame The Wild, así como Juan de Castro, xestor do festival, Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente de Vigo e Manuel Giráldez, presidente da Comunidade de Montes San Miguel de Oia presentaron a segunda edición do festival máis sostible da comarca de Vigo.

Deste xeito, e tras o éxito da primeira edición, The Wild celebrarase o 26, 27 e 28 de xuño en San Miguel de Oia. Neste novo certame, The Wild seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

Neste sentido, Nuria Rodríguez, concelleira de medio ambiente, trasladou o apoio do Concello de Vigo a The Wild e animou aos organizadores non só a facelo posible este ano, senón tamén o vindeiro. Do mesmo xeito, todo o equipo de organización e dirección do festival amosou o agradecemento tanto ao Concello como a Comunidade de Montes de Oia por axudar dende o primeiro momento ao desenrolo do festival.

En relación ás actividades, Juan Pablo Pérez, coordinador de The Wild, quixo remarcar que, para este ano, “incidirán en todo o que funcionou na primeira edición” e confirmou que volverá a ter lugar a andaina solidaria. A camiñada, feita en colaboración coa Comunidade de Montes, destinará “os fondos recadados a fundación Fran Gil, que loita contra a leucemia”. Cabe destacar tamén que, durante a andaina, os participantes poderán coñecer como funciona a xestión dos montes. Tal e como comenta Manuel Giráldez, presidente da Comunidade de Montes “é moi bonito que nos sigan 300 persoas e darlles información do que facemos, do que son as comunidades de montes ou das vistas panorámicas, que moita xente non as coñecen”.

Por suposto, na segunda edición de The Wild, haberá oco para concertos, faladoiros, xogos para os máis cativos ou unha coidada selección de cinema de natureza, deporte e activismo. No certame tamén haberá un recinto expositivo co fin de dar a coñecer as actividades de empresas sostibles en sectores tan diversos como a bioconstrución ou a economía circular.

THE WILD FEST

Non cabe dúbida que The Wild Fest tivo unha primeira edición moi satisfactoria. Máis dun millar de persoas acudiron do 28 ao 30 de xuño a San Miguel de Oia co fin de participar na andaina solidaria, coñecer de primeira man empresas galegas sostibles, gozar de boa música ou emocionarse co cine de natureza. Por suposto, os máis cativos tamén tiveron a ocasión de pasar un moi bo rato mentres aprendían o importante que é coidar o medio ambiente.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies