spot_img
InicioVigo e áreaMosConstitúese a Mesa de “LA VUELTA” para comezar a traballar na programación...

Constitúese a Mesa de “LA VUELTA” para comezar a traballar na programación municipal previa á saída desde Mos da etapa 18

Constitúese a Mesa de “LA VUELTA” para comezar a traballar na programación municipal previa á saída desde Mos da etapa 18O pasado martes celebrouse no Concello de Mos a sesión ordinaria constitutiva da Mesa “LA VUELTA” na que se debateron e trataron diferentes asuntos relacionados coa propia presentación da Mesa de Traballo “LA VUELTA”, intercambiáronse ideas e datas a ter en conta e rematouse cunha quenda de rogos e preguntas.

Durante a xuntanza estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, Begoña Toucedo, concelleira de Deportes, representantes dos clubs ciclistas Corredoira e Master Louriña, Evaristo Ucha, presidente da Asociación de Veciños Celado de Cela en representación das asociacións veciñais do municipio, María del Carmen Pereira, presidenta do Club Deportivo Alerta en representación das asociacións deportivas, Mercedes Alonso, representante da Escola de Música Municipal e dos grupos de música de Torroso, Marcos Pazos, membro da directiva da Asociación Cultural San Martín de Tameiga en representación das asociacións culturais mosenses, un educador e unha usuaria de EVD Galicia en representación dos colectivos con discapacidade, Belem Mira Villar en representación de AEMOS, Benito Díaz en representación das ANPAS de Mos, Irene Álvarez das Maimiñas e tres integrantes da empresa Publigal.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, salientou onte durante a sesión constitutiva a importancia de implicar a todos os axentes sociais mosenses integrantes do tecido asociativo tanto nos meses previos como durante a saída

Tamén forman parte da Mesa, aínda que non puideron asistir, o ciclista mosense, embaixador de La Vuelta e gañador do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro, e a Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña. Da sesión celebrada onte concluíuse tamén integrar na Mesa á Asociación de Palilleir@s de Mos. A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, destacou onte a importancia da figura de Óscar Pereiro nesta mesa de traballo, no que a labores de organización e presenza en Mos de figuras destacadas do ciclismo se refire. E a rexedora local tamén salientou a importancia de implicar a todos os axentes sociais mosenses integrantes do tecido asociativo, tanto antes como durante a saída de La Vuelta desde Mos.

Durante a tarde comezáronse a perfilar as actividades previas á saída de La Vuelta desde Mos que terá lugar o 3 de setembro. Realizouse unha tormenta de ideas para deseñar a programación municipal de marzo a setembro e vinculala a este fito histórico que probablemente non se repita na historia do Concello de Mos.

O mes de febreiro dedicarase a traballar no deseño da programación municipal relacionada coa saída de La Vuelta e en marzo comezarán as actividades incluídas no devandito programa, que se dividirá en tres fases bimensuais: marzo e abril, maio e xuño e xullo e agosto. A idea é organizar unha actividade por mes.

Mediante esta programación transmitiranse os valores deportivos en xeral e ciclistas en particular, valores de saúde e hábitos saudables, etc. Cómpre destacar que os recursos e a inversión para todo este programa de actividades procederán de La Vuelta e de patrocinadores, polo que non gravarán ás arcas municipais do Concello de Mos.

Esta foi a primeira dunha serie de reunións periódicas que se repetirán cada dúas semanas, estando xa fixada a próxima para o vindeiro 12 de febreiro, mércores, ás 20.00 horas no local da Asociación de Veciños Celado de Cela. As xuntanzas iranse rotando polas sedes de cada un dos membros integrantes da Mesa.Constitúese a Mesa de “LA VUELTA” para comezar a traballar na programación municipal previa á saída desde Mos

 

Na reunión tamén se informou de que a etapa de La Vuelta que sairá desde Mos o 3 de setembro ás 13.00 horas, transcorrerá polo termo municipal durante un traxecto de 9 quilómetros, dos que aínda está pendente detallar os lugares de paso do percorrido. “O que máis nos gustaría é que pasase pola Avenida de Puxeiros e pola Avenida de Sanguiñeda, pero aínda non está pechado o percorrido e non o sabemos”, declarou Arévalo.

E anunciouse tamén que xa hai deseñado un maillot institucional do Concello de Mos conmemorativo de La Vuelta Ciclista a España que se utilizará durante o presente ano 2020 como agasallo institucional da administración local mosense e poderá ser mercado tamén por particulares interesados a partir de marzo en Deportes González.

- Publicidade -spot_img