Inicio Pontevedra Baixo Miño Samuel Diz ofrecerá en Oia o seu único concerto estival en Galicia...

Samuel Diz ofrecerá en Oia o seu único concerto estival en Galicia antes dunha xira polo continente americano

Samuel Diz ofrecerá en Oia o seu único concerto estival en Galicia antes dunha xira polo continente americanoO concerto, inspirado no poema que Lorca dedicou ao Apóstolo Santiago, será no atrio da Igrexa do Mosteiro de Oia ás 20.30h, 

O activo intérprete e investigador tudense Samuel Diz ofrecerá un concerto este venres 23 de agosto no atrio da Igrexa do Mosteiro de Oia baixo o título Lorca Peregrino. Tras a primeira viaxe a Santiago de Compostela, Federico García Lorca asinou o seu Poema-balada ingénua dedicado ao Apóstolo Santiago en Fuente Vaqueros, o seu pobo natal, o 25 de xullo de 1918. 

Samuel Diz realizará unha peregrinaxe musical no atrio da Igrexa do Mosteiro de Oia, destacado monumento do Camiño pola costa, a través de partituras vencelladas á meta Xacobea, dende a Suite Compostelana de Frederic Mompou á creación contemporánea do compositor galego Fernando Buide del Real, en diálogo coa obra para guitarra de Rosita Gacía Ascot, Simón Tapia Colman e o fúnebre Hommage a Debussy de Manuel de Falla, partitura que o propio Lorca tocaba na súa guitarra. 

O evento, organizado polas Parroquias da Costa de Oia coa colaboración do Concello de Oia, terá lugar ás 20.30h cunha entrada de 5€. As persoas interesadas que precisen máis información poden contactar no teléfono 689 267 009. 

Con este concerto rematará a xira estival de Samuel Diz que o levou por terras de Extremadura, Andalucía, La Rioja, Castela e León e Baleares, onde realizou unha residencia artística e un concerto na Fundació Pilar i Joan Miró de Mallorca. 

Actualmente atópase preparando os vindeiros concertos que terán lugar en Madrid, na Residencia de Estudiantes e en Málaga, na Casa Natal de Pablo Picasso, antes de realizar unha xira de tres meses no continente americano con concertos en Isla Negra (Chile) na Casa de Pablo Neruda ou no Museo Iconográfico del Quijote en Guanajuato (México). 

Samuel Diz, director artístico de Musica no claustro, confirmou que xa está a traballar na vindeira edición bianual do festival terá lugar en agosto de 2020 no claustro gótico da S.I Catedral de Tui.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies