Inicio O Condado Salvaterra quere adherirse ao pacto dos alcaldes polo clima

Salvaterra quere adherirse ao pacto dos alcaldes polo clima

Salvaterra quere adherirse ao pacto dos alcaldes polo climaA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a alcaldesa de Salvaterra do Miño mantiveron un encontro para analizar as demandas do concello en materia medio ambiental e de mellora dos equipamentos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou a máxima colaboración á alcaldesa de Salvaterra do Miño, Marta Valcárcel, para que este concello se adhira ao Pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía. A conselleira e a rexedora mantiveron un encontro de traballo para analizar as demandas do Concello en materia de medio ambiente e de mellora dos equipamentos públicos.

Ángeles Vázquez indicoulle que os responsables e técnicos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental orientarán aos persoal municipal na tramitación necesaria para que Salvaterra se sume aos case 150 concellos que xa están integrados. A conselleira trasladoulle que implicarse nesta iniciativa non só é unha oportunidade para Salvaterra, senón que tamén é un xeito de achegar o seu gran de area á loita contra o cambio climático e á mitigación dos seus efectos.

Salvaterra quere adherirse ao pacto dos alcaldes polo clima

Recordoulle que a Xunta asumiu o papel de coordinadora na Comunidade das iniciativas que se leven a cabo para acadar os obxectivos que fixa a Unión Europea nesta materia e por iso se puxo en marcha unha Oficina Técnica, que é o punto de referencia neste eido. A conselleira de Medio Ambiente agradeceu á alcaldesa a súa implicación, xa que o papel dos concellos é determinante no proceso de transición enerxética e na loita contra este fenómeno, dada a súa maior proximidade á cidadanía.

Ambas responsables coincidiron na importancia de facer unha boa xestión dos residuos urbanos, por exemplo, como medida para paliar os efectos deste fenómeno global. Nese sentido, a conselleira trasladoulle que a Xunta terá en conta o Concello de Salvaterra na programación de actividades e campañas de concienciación que leva a cabo o seu departamento, de xeito que teñan presenza nos colexios do concello, nas zonas comerciais, nas prazas ou nas instalacións deportivas, co fin de achegarse ao conxunto dos veciños de Salvaterra.

Outro dos puntos abordados na reunión foi a posibilidade de establecer liñas de colaboración para levar a cabo actuacións que permitan mellorar e recuperar as infraestruturas e equipamentos públicos e de uso colectivo. Nese sentido, a conselleira comprometeuse a analizar as posibilidades do departamento de Urbanismo, co fin sacar adiante proxectos que presente o Concello para dinamizar espazos de uso público neste municipio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies