spot_img
InicioGaliciaUnha veintena de padeeiros galegos compiten no mundial de Maratón

Unha veintena de padeeiros galegos compiten no mundial de Maratón

Unha veintena de padeeiros galegos compiten no mundial de MaratónA selección española de piragüismo afronta entre mañá e o domingo o Campionato do Mundo Maratón de China 2019, no que Galicia conta cunha vintena padeeiras que tentarán repetir os excelentes resultados conseguidos hai dous meses no Campionato de Europa de Decize (Francia), de onde volveron con seis medallas.

A armada galega de Maratón xa está en Shaoxing (China) preparada para enfrontarse ao maior reto da tempada. O equipo estará liderado unha vez máis polas nosas potentes embarcacións dobres, que coparon os últimos podios internacionais.

A piragua integrada pola lucense Tania Fernández e a grovense Tania Álvarez parte como favorita ao podio no K2 despois de conseguir as medallas de bronce e prata nas dúas últimas competicións internacionais da modalidade. Na C2 Tono Campos e Diego Romero chegan a esta última competición do ano co fin de mellorar o bronce do pasado europeo. Ademais acompañaralles a parella formada por Óscar Graña e Pedro Areal.

No K2 masculino o tudense Iván Alonso e o pontevedrés Jaime Sobrado tentarán subirse ao podio na súa primeira participación nun gran evento como é este mundial. Ademais a parella asturiano leonesa de Miguel Fernández e Julián Becerra, pertencente ao Fluvial de Lugo, seguro que terá que moito que dicir nesta proba.

Os padeeiros galegos tamén terán presenza nas carreiras individuais, así ben Iván Alonso competirá no K1, ademais Tono Campos e Manuel Garrido serán os nosos representantes en C1 e as pontevedresas Raquel Rodríguez e Jennifer Casal farán o propio no C1 feminino.

A categoría Sub 23 conta nesta ocasión con Jaime Duro, padeeiro pertencente ao E. P. Ciudad de Pontevedra que competirá en C1.

Por último, entre os Junior temos unha nutrida delegación na que destacan os medallistas de Decize. No K2 masculino volverán Joaquín Iglesias do Piragüismo Verducido que sairá xunto ao madrileño Alejandro Moreno en K2 (bronce no europeo). A participación na canoa é para a embarcación do E. P. Ciudad de Pontevedra de Pablo Crespo e Diego Piñeiro, así como a formada por Iago Rey e Javier Ordóñez do Náutico Pontecesures. Iria Rey tamén do conxunto cesurán tomará a saída en C1.

Ademais, este campionato do mundo ten no programa a nova modalidade de maratón curto, que conta con dous porteos e tres quilómetros de distancia. Nesta especialidade Galicia estará representada por Antonio Palmás e Tania Álvarez en K1 masculino e feminino.

- Publicidade -spot_img