spot_img
InicioVal MiñorNigránO CPI Arquitecto Palacios entrega aos servizos sociais de Nigrán 1.330 euros...

O CPI Arquitecto Palacios entrega aos servizos sociais de Nigrán 1.330 euros en vales de comida

Os cartos foron recadados na ‘X Carreira Solidaria’ que organizan o día da Paz e na que tamén participaron alumnos do CEIP da Cruz, CEE Juan María, CEE Panxón e Dunas

Unha representación de alumnos e docentes do  CPI Arquitecto Palacios de Panxón entregou onte ao alcalde de Nigrán 1.330 € en vales canxeables por comida para que os Servizos Sociais do Concello os distribúan entre as familias en dificultade.  Á entrega, que tivo lugar nas instalacións do centro educativo, acudíu tamén a concelleira de Educación, Marina Vidal, e a de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto. Os cartos foron recadados na ‘X Carreira Solidaria’ que organizan cada ano coincidindo co día da Paz e na que tamén participaron alumnos do CEIP da Cruz (Camos), CEE Juan María, CEE Panxón e Escola Infantil Dunas. Foron máis de 100 alumnos os que correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa (cadansúa volta ao circuíto é premiada por un ‘padriño’).

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e aos nenos e aos seus ‘padriños’ pola súa participación imprescindible”, destaca o alcalde, Juan González.

- Publicidade -spot_img