Inicio Vigo e área Vigo A 27ª Edición da Regata Guardiamarina conmemora o 500 aniversario da Volta...

A 27ª Edición da Regata Guardiamarina conmemora o 500 aniversario da Volta ao Mundo Magallanes – Elcano

A 27ª Edición da Regata Guardiamarina conmemora o 500 aniversario da Volta ao Mundo Magallanes – ElcanoO secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte na presentación da 27ª Edición da Regata Guardiamarina – V Centenario da Primeira Volta ao Mundo celebrada no Salón Nobre do Real Club Náutico de Vigo.

Alí, o máximo responsable do deporte galego destacou que, coma no deporte, “superar os medos, primar a audacia e a valentía están sen dúbida tamén detrás da que para moitos é, aínda hoxe, a aventura máis audaz da humanidade, dar a volta ao mundo de leste a oeste pero no ano 1519”.

No seu relatorio gabou os nomes de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, e a aventura na que participaron “5 naves e 250 homes que partiron na Armada da Especiería en 1519, dos que tan só regresaron 18 a Sevilla, tres anos despois, na Vitoria”.

“O mar sempre foi sinónimo de xestas, de aventura e de revolucións; sinónimo de avance e de terreo e territorio para homes, e mulleres, valentes e decididos”, dixo o secretario xeral que tamén destacou “a importancia dos deportes de mar en Galicia así como dos eventos deportivos que teñen lugar nos nosos mares e ríos e que tanta sona acadan no mundo enteiro”. “Un espírito que atopamos tamén na Regata Guardamarina, da que o pasado ano celebrábanse os seus 25 anos”, apuntou. Neste sentido felicitou ao Real Club Náutico de Vigo e á Comisión Naval de Regatas da Escola Naval Militar por unha nova edición da regata.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies