Inicio Latinoamérica Cuba 500 Aniversario da Fundación da Cidade da Habana

500 Aniversario da Fundación da Cidade da Habana

500 Aniversario da Fundación da Cidade da HabanaO secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na presentación do roteiro galego Descubrindo a Habana Galega, unha iniciativa elaborada con motivo da participación galega nos actos do 500 Aniversario da Fundación da Cidade da Habana, e que ten como obxectivo amosar a profunda pegada que aínda hoxe pervive na capital cubana.

Neste marco, o responsable do goberno autonómico puxo en valor o papel principal da illa como “berce do galeguismo universal”. Non en vano, e como lembrou, na Habana “cantouse por primeira vez o Himno galego, izouse a nosa bandeira e xurdiu a Real Academia a comezos do século XX”.

“Cuba e Galicia suman décadas de historias compartidas que ben se poden apreciar a través das rúas da Habana”, proseguiu o secretario xeral, quen animou a desfrutar dunha ruta que pon en valor estes nexos de unión entre as dúas terras. Así, detallou, o percorrido conduce aos visitantes a través de lugares emblemáticos da capital cubana que resaltan “a nosa inmensa débeda cultural con Cuba e unha infinidade de lazos”.

Neste sentido, o roteiro, recomendado polo músico e compositor galego Roi Casal, e impulsado coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, ten dúas rutas. Unha primeira que comeza polo Palacio do antigo Centro Galego da Habana (hoxe, Gran Teatro de la Habana Alicia Alonso), segue polo Primeiro Centro Galego, os teatros de Payret e Fausto e remata na Rúa O’Reilly. E a segunda, que discorre por Triscornia, continuando por Casablanca, os hospitais Hijas de Galicia e La Benéfica, o Instituto de Literatura Lingüística, e remata na Sociedade Cultural de Rosalía de Castro.

“Este roteiro simboliza o efecto transformador que aportou a epopea galega, e que aínda pervive na illa”, incidiu Miranda, felicitando aos organizadores por unha iniciativa que permite “a mellor difusión da nosa cultura e o seu histórico irmandamento coa cultura Cubana”.

Concerto de Roi Casal

Durante a súa intervención, Rodriguez Miranda avanzou que no marco desta iniciativa o propio Roi Casal ofrecerá mañá, na Habana, o concerto Son galego, son cubano, cun repertorio que “non fai senón estreitar aínda máis os nexos de unión entre Cuba e Galicia”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies