spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra presenta a súa nova páxina web de turismo

Salvaterra presenta a súa nova páxina web de turismo

O Concello ven de presentar baixo o slogan, “Salvaterra de Mińo un lugar para disfrutar, un lugar para vivir” a súa nova páxina web de turismo.

Salvaterra presenta a súa nova páxina web de turismoUn espazo dinámico, sinxelo e moi intuitivo que busca ser un escaparate máis de todos os recursos que ofrece este Concello do Sur de Pontevedra, elaborada polo propio persoal da administración local.

Salvaterra é unha das zonas máis visitadas do sur de Pontevedra. Só o Parque público A Canuda atrae a miles de visitantes durante todo o ano; unido aos máis de 30km de sendas verdes polos diferentes ríos do Concello, ao Recinto amurallado, o Museo da Ciencia do Vińo, a propia maxia que conleva ser unha Vila transfronteiriza e ao Espazo Termal Lúdico de Teans fan que Salvaterra de Miño non sexa soamente un Concello estratéxico en termos de turismo, senón que sexa un dos Concellos que máis medra de toda a contorna.

A súa ubicación estratéxica, o seu clima e a súa calidade de vida fan que día a día sexan máis persoas as que veńen a vivir a este municipio da raia.

A páxina está dividida en tres grandes bloques:

www.turismo.concellodesalvaterra.org

Ven, cońece e visita, onde se presentan todos os recursos, a nosa gran riqueza cultural, histórica e patrimonial, ademais de darnos a cońecer os lugares onde durmir e disfrutar  da nosa gastronomía.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.