spot_img
InicioBaixo MiñoA Biblioteca Pública Municipal de Tui habilita unha sala de estudo provisional

A Biblioteca Pública Municipal de Tui habilita unha sala de estudo provisional

A Biblioteca Pública Municipal de Tui habilita unha sala de estudo provisionalA Biblioteca Pública Municipal de Tui habilita unha sala de estudo de carácter provisional nas dependencias do Edificio “Francisco Sánchez” (Área Panorámica) que contará con 12 prazas de estudo, coa posibilidade dunha ampliación se fose preciso.

Esta decisión tómase diante da imposibilidade de apertura da sala de lectura, pois segundo a Orden SND/458/202 de 30 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 3 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, no que atinxe ás bibliotecas establece que a colección de acceso libre debe seguir pechada ao público así como a sala infantil. No caso tudense ao compartir o mesmo espazo a colección e sala de lectura resulta imposible a reapertura da sala de lectura aínda que fose con menor capacidade.

En consecuencia a concellería de Cultura acordou habilitar unha zona, na planta baixa do edificio para acoller provisionalmente unha sala de estudo que dea resposta á demanda deste servizo por parte dun sector de usuarios do centro bibliotecario tudense.

Esta sala comezará o seu funcionamento mañá xoves, 11 de xuño, en horario de 9 a 13 h. Está previsto que a vindeira semana amplíe o seu horario tamén polas tardes ao incorporarse dous auxiliares contratados polo Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos 2020.

As persoas interesadas deben solicitar a reserva de praza a través do correo da Biblioteca Pública Municipal de Tui: biblioteca@tui.gal ou no whastapp da Biblioteca: 617 498 103.

Debido as medidas sanitarias existentes os aseos non estarán dispoñibles. Débese acceder á sala con máscara.

Nese mesmo horario a Biblioteca ten en funcionamento o servizo de préstamo e devolución de obras e de información bibliográfica.

- Publicidade -spot_img