Inicio O Condado Salvaterra entrega os Premios Educación Curso 2019/2020

Salvaterra entrega os Premios Educación Curso 2019/2020

Salvaterra entrega os Premios Educación Curso 20192020O Concello de Salvaterra de Miño fixo entrega dos Premios Educación Curso 2019/2020 que este ano chegan a sua XV edición.

Uns premios que nacen co espírito de fomentar o esforzo e o traballo diario entre os alumnos e alumnas dos nosos centros educativos, premiando a excelencia académica, e que este ano se adaptaron as novas circunstancias xeradas pola aparición do COVID-19.

Fíxose entrega de 14 lotes informáticos compostos por unha tablet, funda, powerbank portátil e tarxeta de memoria, valorados en mais de 300€ cada premio. Ademais de tres premios  formados por un lote de  equipos informáticos compostos por un ordenador portatil, tablet, impresora e un curso de ingles online de conversación, valorados cada un en mais de 1.700€.

O acto realizouse en dúas quendas, na primeira fíxose entrega dos premios aos alumnos e alumnas de primaria do CEP Carlos Casares de Alxen, do CEIP de Leirado e do CEIP Infante Felipe de Borbón. Os premiados foron Laura Ojea Domínguez, Gema Baz Bernárdez, Xabier Rodríguez Rodríguez, Xurxo Rodríguez Rodríguez, Ivana Garcia Gómez, Antía Pino García, Marcela Lorenzo Bernárdez, James Pinnock Abreu e Laura Millán Domínguez.

Na segunda quenda tocoulle o turno aos alumnos e alumnas do IES Salvaterra, os premios repartíronse entre cuarto da ESO, Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería, FP Básica de Carpintería e Moble e segundo de Bacharelato.

Os premiados foron Aroa Domínguez  Perez, Xerome Silva Hervella, Icía Domínguez Rodríguez, Jesús Domínguez Pérez, Diego Domínguez Barbosa, Laura María Cadilla Alves, Alex Rodríguez Rodríguez e Alba Presa Lorenzo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies