Inicio O Morrazo Bueu Bueu pon en marcha un programa de rutas de senderismo para este...

Bueu pon en marcha un programa de rutas de senderismo para este verán

As rutas desenvolveranse todos os sábados pola mañá, e a primeira percorrerá o Sendeiro do Litoral o 18 de xullo

O Concello de Bueu porá en marcha este verán un programa de rutas de sendeirismo para a divulgación do patrimonio natural e cultural da vila. Así o salientou hoxe a concelleira de turismo, Silvia Carballo, na rolda de prensa de presentación, na que salientou que “nos tempos que vivimos é importante que contemos con actividades ao aire libre e que nos permitan gozar da nosa contorna e riqueza natural”, ademais de que “con estas actividades poñemos en valor o patrimonio material e inmaterial da nosa vila”.

Bueu pon en marcha un programa de rutas de senderismo para este verán

O programa desenvolverase todos os sábados entre o 18 de xullo e o 29 de agosto, por parte de persoal especializado da empresa Estela Arqueoloxía e Patrimonio, cuxo responsable, Fran Alonso, participou na rolda de prensa e indicou que “se aplicarán medidas anti- Covid, como uso obrigatorio da máscara e o mantemento das distancias de seguridade”. Para cada ruta habilitaranse vinte e cinco prazas e as persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través do teléfono 986 324 457 ou no correo electrónico turismo@concellodebueu.gal.

O 18 de xullo será a primeira das saídas, que percorrerá o Sendeiro do Litoral. O 25 de xullo continuarase polo Sendeiro de Ermelo; o 8 de agosto, pola Ruta dos Pazos; o 15 de xullo, polo Sendeiro de Beluso; o 22 de agosto, polo Sendeiro de Ons; e o 29 de agosto, culminarase na Ruta dos Abades de Cela.

As camiñadas arrancarán ás 10 h da mañá e percorreranse todas as parroquias e puntos de interese do Concello, co obxectivo de dar a coñecer a fondo a vila morracense.

Turismo sostible e de natureza

Dende a concellaría de turismo levan moitos anos apostando por un turismo sostible e de posta en valor do patrimonio cultural e natural. Este ano, debido ás restricións establecidas pola Covid-19, non se abrirán ao público nin a Aula da Natureza de Cabo Udra nin o Centro de Interpretación de Agrelo. Con todo, organizaranse rutas pola contorna de Cabo Udra e obradoiros infantís de temática ambiental e mariñeira, que se anunciarán proximamente.

Por outra, nos vindeiros días é probable que se incorpore o técnico/a de turismo, logo de que o luns se celebre a proba selectiva.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies