Inicio Baixo Miño A Guarda I Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo en formato dixital

I Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo en formato dixital

I Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo en formato dixitalCulturminho, I Foro da Cultura do Río Minho Transfronteirizo, pretende ser un lugar de encontro e debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural neste territorio.

O río Minho transfronteirizo é hoxe un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo, querendo poñer en valor este potencial como un elemento de desenvolvemento socio-económico deste espazo común.

O Foro en Formato dixital

A situación actual de medidas de seguranza e distanciamento social de prevención frente á pandemia do COVID-19 danos a oportunidade innovar a execución desta iniciativa tal e como estaba concibida orixinariamente experimentando novas formas de relación e debate para a xestión da cultura a nivel municipal e a nivel profesional no noso territorio.

Durante catro días, as persoas convidadas intervirán desde o seu domicilio ou lugar de traballo. As entrevistas e os debates serán emitidas ao vivo por YouTube e ficarán online para poder ser visualizadas baixo demanda posteriormente.

PROGRAMA PROVISIONAL

Datas: 6 a 9 de outubro de 2020.

Medio: Canle AECT Rio Minho de YouTube. Retransmisión ao vivo e dispoñibilidade posterior nesta canle e desde a web mediante link.

Horario: Horario local en Galicia. 17h a 18.30h Horario local en Portugal 16h a 17.30h. (Por confirmar)

DÍA 6 DE OUTUBRO

Acto de apertura

Artes e música na área transfronteiriza do Río Miño.

Propoñemos unha seleccion forzosamente breve das actividades culturais profesionais realizadas nos concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño. Cada unha das experiencias disporá de 5 minutos para a súa exposición e logo abrirase un debate.

  • Lego Fan Weekend. Paredes de Coura
  • Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira
  • Festival de Cans
  • Entre Margens. Caminha – A Guarda

DÍA 7 DE OUTUBRO

Cooperación e cultura. Experiencias.

Escolma de casos de xestión cultural profesional onde xa se dá na práctica unha cooperación cultural transfronteiriza. Convidaremos os diferentes xestores e xestoras de cada beira do Miño para que falen dos procesos de cooperación transfronteiriza ata o momento, e como ven os posibles cambios que deparará a situación vixente.

  • Festival IKFEM da Eurocidade Tui-Valença
  • Ponte nas Ondas – Asociación Cultural e Pedagóxica transfronteiriza
  • Folk Monção
  • Simposio de Escultura. Cerveira-Tomiño

DÍA 8 DE OUTUBRO

Palabra e escena na área transfronteiriza do Río Miño.

As propostas foron seleccionadas entre as actividades culturais profesionais realizadas nos 26 concellos que integran a área transfronteiriza do Río Miño. Cada unha das experiencias disporá de 5 minutos para a súa exposición e logo abrirase un debate.

  • As Comedias do Minho
  • Museo do Cinema Melgaço, JeanLoupPassek
  • Festival de Poesía do Condado. Salvaterra de Miño
  • Play-Doc

DÍA 9 DE OUTUBRO

Financiación e formación.

Financiación

Panel para ofrecer alternativas de financiamento mediante a exposición de programas existentes financiados con fondos europeos

Formatos dixitais e RRSS para a cultura local.

Panel para mostrar experiencias culturais e estratexias dixitais para programadores e axentes locais.

As redes sociais na difusión cultural, recursos e exemplos para entidades locais.

Horario: 17h Mesa de financiación e 18h Mesa de formación (16h e 17h Hora local de Portugal).

Inscricións gratuitas:

smartminho.eu/inscricionforocultura

Información telefónica: 722 876 073 / 886 210 280

2.- Obxectivos

A pretensión de Culturminho é reunir dixitalmente a institucións, axentes e operadores/as culturais e reflexionar sobre as potencialidades da cultura común como elemento de valor do territorio transfronteirizo. Sinerxias e necesidades, posibilidades de colaboración, creación dun espazo de intervención común, públicos compartidos… facendo especial fincapé na nova situación social que condicionará o ocio e o consumo cultural e tratando de visualizar alternativas.

  • Reunir dixitalmente axentes e actores da cultura transfronteiriza
  • Valorizar as boas prácticas culturais en eventos e proxectos
  • Facer un censo de operadores culturais profesionais no territorio da AECT Rio Minho, fomentando a interacción entre axentes.
  • Poñer en marcha formatos dixitais na cultura profesional.
  • Aumentar o número de público. Propoñemos un evento dixital e con retransmisión en streaming. O evento quedaría gravado e a disposición online.
  • Dar a coñecer o territorio da AECT Río Miño a unha maior audiencia.

3.- Quen organiza?

Culturminho, 1º Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo está organizado pola Deputación de Pontevedra e mais o Agrapamento de Cooperación Territorial do Rio Miño (AECT-Rio Minho), no marco do proxecto Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronterizo (Smart Minho). Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER do Programa Operativo España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 INTERREG V A,

4.- A quen vai dirixido?

O público destinatario desta acción serán as persoas intervintes na xeración de produtos culturais nos 26 municipios que forman parte do AECT do Rio Minho. Serán benvidos e benvidas tamén o resto de axentes profesionais de Galicia e Portugal con intereses nesta zona. Culturminho vai permitir coñercermos en profundidade o territorio e mais os e as axentes culturais profesionais que convidaremos a participar no Foro Cultura Transfronteiriza, a saber:

o Xestores/as culturais públicos

o Xestores/as culturais privados

o Concelleiros/as/Vereadores/as responsables de área cultural

o Persoas responsables de infraestruturas culturais

o Técnicos/as municipais con responsabilidades ou competencias na área cultural

o Promotores/as de eventos

o Produtoras de espectáculos

o Produtoras de contidos

o Editoras

o Centros de ensinanzas artísticas ou técnicas relacionadas

o Asociacións culturais relevantes

o Empresas de subministros

o Grupos de música

o Agrupacións teatrais profesionais

o Artistas plásticos/as

o Influencers na cultura dixital e nas RRSS

o Emprendedores/as dixitais e de comercio online relacionados coa cultura

o Profesionais da cultura en xeral

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies