Inicio O Condado Salvaterra distinguida con tres Flores de Honra do programa Vilas en Flor

Salvaterra distinguida con tres Flores de Honra do programa Vilas en Flor

Salvaterra distinguida con tres Flores de Honra do programa Vilas en FlorA Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres día 22 de novembro a entrega dos galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019

Neste acto Salvaterra foi premiada con tres flores de honra, destando que conta cun magnífico patrimonio pola súa localización ao longo do río Miño e a súa posición fronteiriza. Para o xurado resulta moi relevante a actuación paisaxística e o coidado e mantemento no Castelo –Fortaleza tanto na praza como no recinto amurallado e a súa contorna. Tamén fai especial mención ao paseo ao longo da ribeira do río, que foi preparado para peóns e bicicletas que remata no bies xestionado parque da Canuda. Doutra banda, destaca o pavillón cunha colección de Orquídeas, unha das súas últimas incorporacións.

O xurado remarca unha adecuada integración paisaxística no seu núcleo cun bo criterio na elección das especies. Entre os seus proxectos, destaca a futura actuación paisaxística na Illa de Fillaboa.

O xurado distinguiu tamén a Chantada e Allariz con catro flores de honra como as vila máis fermosas de Galicia e Caldas de Reis e Salvaterra con tres flores. Ademáis de Portomarín, Ponteceso, Tomiño, Mondoñedo, A Guarda, Culleredo, Cuntis, Carballiño e Betanzos con dous e finalmente foron recoñecidos cunha flor de honra, Gondomar, Ortigueira e Baiona.

A Guarda distinguida con 2 Flores de Honra do programa Vilas en Flor
Foto de familia dos participantes na II edición de Vilas en Flor

“Vilas en flor” segue o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá. O proxecto conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a colaboración de Rainbird,  Abn Abastecementos, Husqbarna, Fliwer e Hunter.

O programa Vilas en Flor,organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveristas do Noroeste ( Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería ( Agaexar), conta xa coa participación de 16 concellos. 

 “Vilas en flor” é un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos.

As “Flores de Honra” son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo o criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. Hai cinco niveis: de unha a cinco Flores de Honra. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. Poden participar todos aqueles municipios da comunidade galega que teñan menos de cincuenta mil habitantes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies