Inicio Pontevedra Salceda regula a concesión de honores e distincións

Salceda regula a concesión de honores e distincións

Salceda regula a concesión de honores e distinciónsO Boletín Oficial de Pontevedra publicou onte martes o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento de Honores e Distincións do  do Concello de Salceda de Caselas.

O documento regulará a concesión de distincións como as de fillo ou filla predilecto/a, fillo ou filla adoptivo/a, salcedense distinguido ou distinguida, alcalde ou alcaldesa honorario, ou as persoas e entidades premiadas na Gala do Deporte, así como as condecoracións como “medalla do Concello” ou “Cronista oficial da vila”. Por outra banda, o regulamento tamén fai referencia aos procesos de denominación de espazos públicos, rúas, edificios públicos, sendas, prazas, etc.

O Concello de Salceda celebra anualmente con motivo das festas do Cristo o acto de nomeamento de salcedenses distinguidos/as, no que se nomean tres persoas polos seus méritos en diferentes campos da vida social. Ata o de agora esta distinción víñase facendo a proposta do Equipo de Goberno, e con este regulamento pasará a realizarse dunha maneira reglada e definida, incluíndo a aprobación plenaria das persoas propostas para o recoñecemento. O equipo de goberno (MS e PSOE) busca deste xeito garantir un maior consenso nos nomeamentos que se realicen, así como unha maior participación nas propostas.

O Regulamento foi aprobado inicialmente na sesión plenaria do 30 de agosto cos votos a favor dos grupos de Goberno (MS e PSOE) e a abstención do Partido Popular, e a partir de hoxe conta con un prazo de exposición pública de 30 días onde tanto a veciñanza como os colectivos e asociacións poderán achegar as súas aportacións para proceder á aprobación definitiva do documento unha vez rematado o prazo de alegacións.

Loli Castiñeira, alcaldesa, xunto co resto do equipo de goberno (MS e PSOE) presentaron o regulamento co obxectivo de que os procesos deste tipo se volvan o máis participativos e consensuados posible, e que as persoas homenaxeadas dun ou doutro xeito polo Concello sexan representativas dunha ampla maioría da sociedade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies