spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda presenta o Programa Integrado de Emprego con 100 persoas desempregadas

Salceda presenta o Programa Integrado de Emprego con 100 persoas desempregadas

O Auditorio do Concello de Salceda de Caselas, acolleu hoxe a presentación do Programa Integrado de Emprego, subvencionado con 250.000 € por parte da Xunta de Galicia e dirixido a 100 persoas desempregadas deste municipio e dos concellos vecinos de Salvaterra e O Porriño.

Á xornada de presentación acudiron as 100 persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc. Na mesma tamén estiveron presentes ás dúas técnicas responsables do programa, a tenente alcaldesa Verónica Tourón e a alcaldesa Loli Castiñeira.

Este programa achega as ferramentas necesarias e o apoio profesional ás persoas participantes, das cales 84 son veciñas de Salceda, 15 de Salvaterra e 1 de Porriño.

As persoas beneficiarias participarían nun mínimo de cinco accións de orientación, mellora das competencias sociais e profesionais e formación específica en catro itinerarios formativos: Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería.

O programa tamén contará con prácticas non laborais en empresas da zona coas que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado, sempre co obxectivo final da mellora da empregabilidade e a inserción laboral.

Verónica Tourón, definiu o programa como “unha moi boa oportunidade para mellorar a empregabilidade, unha carreira de fondo na búsqueda de emprego que con seguridade vai a mellorar este eido e a vida das persoas participantes”. Engade, “dende o equipo de goberno apostamos por poñer en marcha políticas activas de emprego e este é un claro exemplo”

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “ este goberno vai a centrar os seus esforzos en mellorar a situación dos colectivos máis desfavorecidos, como o das persoas desempregadas. Con este Programa espérase lograr un mínimo do 40% de inserción, polo que representa unha moi boa oportunidade para a nosa veciñanza”

- Publicidade -spot_img