spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaChapela celebra o seu VIII Ciclo de Teatro Afeccionado

Chapela celebra o seu VIII Ciclo de Teatro Afeccionado

Chapela celebra o seu VIII Ciclo de Teatro Afeccionado A parroquia de Chapela, no Concello de Redondela, estrea o seu oitavo ciclo de teatro afeccionado que ofrecerá un programa de representacións os sábados dende o 11 de xaneiro ata o próximo día 1 de febreiro.

O Telón levantarase o día 11 de Xaneriro, ás 18.30 horas, no Multiusos do  Piñeiral  do  Crego coa obra “A festa da primavera “, da agrupación grupo musical infantil e ilusionista de Ponte Caldelas, unha obra apta para público infantil e familiar con entrada de balde.

O ciclo de teatro é unha iniciativa impulsada dende a Asociación Cultural e Social de Chapela, en colaboración coa Concellería de Cultura, vinculada aos grupos de arte escénica dos centros culturais do municipio. Así, o programa ofrece catro funcións a cargo de diferentes grupos teatrais da contorna municipal.

Unha das finalidades é dar visibilidade a estes grupos que tanto traballan polo teatro dende a base, montando e adaptando as súas obras, sempre en galego, para un público de Redondela, máis en concreto o de Chapela, onde existe unha gran afección a este xénero cultural e que fai encher o auditorio coas representacións.

Chapela celebra o seu VIII Ciclo de Teatro Afeccionado

As representacións ábrense o día 11 de xaneiro  coa obra ” A festa da primavera “, da agrupación grupo musical infantil e ilusionista de Ponte Caldelas . Unha obra Apta para público Infantil e familiar con entrada de balde.

O próximo día 18 , ás 20.30 horas, será a quenda da obra “Con vivir”, co grupo expresión teatro de s.c. os carballiños .

A terceira cita, o día 25, ofrecerá a obra “Get Back”, co grupo teatro Porta aberta de Vigo

Seguiralle o día 1 de febreiro a representación de “O avarento”, a cargo da compañía de Teatro Rueiro de Vigo.

As entradas poden recollerse no multiusos de Chapela o mesmo día de cada función e son de balde.

- Publicidade -spot_img