Inicio Vigo e área Salceda de Caselas Salceda formará a 15 persoas desempregadas en servizos de bar e cafetería

Salceda formará a 15 persoas desempregadas en servizos de bar e cafetería

Salceda formará a 15 persoas desempregadas en servizos de bar e cafeteríaO Concello de Salceda ven de abrir o prazo de presentación de ofertas para a contratación da acción formativa denominada “Certificado de profesionalidade HOT327_2 Servizos de bar e cafetería”, enmarcado dentro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Salceda de Caselas.

Así, ata o vindeiro 18 de febreiro, as empresas que o desexen poderán presentar as súas ofertas para a realización da totalidade dos trámites de xestión da mencionada acción. Garantindo absoluta transparencia no proceso, o Concello ven de facer públicas as bases da convocatoria na Plataforma de Contratos de Galicia (www.contratosdegalicia.gal), e conta cun orzamento base de licitación de 25.280 €, lembrado ademais que se trata dunha actividade exenta de IVE.

Trátase dun módulo formativo de 640 horas, nas que se inclúen 80 horas de prácticas en empresas. A finalidade é que as 15 persoas que poderán acceder a esta formación poidan solicitar a expedición do título oficial ante a Xunta de Galicia, mellorando deste xeito a súa empregabilidade. A formación desenvolverase no CDL O Torrón, no que o Concello de Salceda centraliza tódalas actividades da área de formación e emprego.

O Programa Integrado de Emprego atende a 100 persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.

As persoas beneficiarias participan nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en catro itinerarios formativos: Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería,  ademais prácticas en empresas da zona coas que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado.

Verónica Tourón, Concelleira de Formación e Emprego: “esta formación é unha grande oportunidade para persoas desempregadas, nun sector como o da hostalería que o que demanda é a profesionalización. Por outra banda, a licitación de servizos forma parte da liña marcada por este goberno de transparencia e participación”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “As políticas de benestar, incluídas as de emprego, son a nosa prioridade. O Proxecto Integrado de Emprego supón un importante esforzo administrativo para este Concello, pero seguiremos a poñer todo da nosa parte na busca dos mellores datos para a nosa veciñanza”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies