Inicio Vigo e área Vigo “O océano a través dos sentidos” concentrou a un centenar de escolares na...

“O océano a través dos sentidos” concentrou a un centenar de escolares na nova sede da Deputación en Vigo

“O océano a través dos sentidos” concentrou a un centenar de escolares na nova sede da Deputación en Vigo“O océano a través dos sentidos”, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra con motivo da inauguración da súa nova sede na rúa Eduardo Chao de Vigo.

En total, participaron na xornada un centenar de nenas e nenos de infantil e primaria da Escola Infantil Hernán Cortés e dos CEIP Ramón y Cajal e García Barbón de Vigo.

A presidenta da Deputación animou ás nenas e aos nenos a coidar o mar e agradeceu a colaboración das mestras e das monitoras na organización da xornada “O océano a través dos sentidos”.  Esta iniciativa tiña como principal obxectivo concienciar ao alumnado sobre o coidado do medio ambiente, a protección do mar e o mal emprego dos plásticos a través dun obradoiro científico que permitiu á rapazada tomar contacto coa fauna mariña a través do xogo.

Máis polo miúdo, con este obradoiro as cativas e cativos puideron descubrir os sentidos dos peixes e comparalos cos dos seres humanos. Así, a través do sentido do tacto o alumnado puido tocar “a cegas” obxectos relacionados co mar; a través do oído xogaron a adiviñar con que se correspondían diferentes sons mariños; a través da vista traballaron cun microscopio e con diferentes cunchas; a través do gusto probaron diferentes sabores relacionados co mar e, finalmente, a través do olfacto descubriron olores relacionados co medio mariño.

A actividade comezou ás 10 da mañá e rematou ás 13.30 horas sendo as nenas e os nenos máis cativos, da Escola Infantil Hernán Cortés, os que iniciaron as actividades lúdico-sensoriais. Continuou un grupo de primeiro e segundo de primaria do CEIP Ramón y Cajal e rematou a actividade o alumnado de segundo de primaria do CEIP García Barbón.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies