Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar pon en marcha o programa “Cultiva a mente” da man de...

Gondomar pon en marcha o programa “Cultiva a mente” da man de AFAGA Alzheimer

Gondomar pon en marcha o programa “Cultiva a mente” da man de AFAGA AlzheimerEsta mañá deu comezo o programa “Cultiva a mente”, talleres que desenvolverá no municipio a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA Alzheimer)

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asistiu esta mañá ao comezo do programa “Cultiva a mente”, talleres que desenvolverá no municipio a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA Alzheimer) e coa que se busca previr a demencia e promocionar hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional das persoas maiores de 55 anos.

Ferreira saudou aos participantes e lembrou a importancia que ten o feito de “manter viva a nosa mente, de apostar por políticas que promovan o envellecemento activo dos nosos maiores facilitándolles as ferramentas e medios necesarios para logralo porque na súa terceira mocidade teñen moito que dicir”.

O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, que agradeceu ao concello de Gondomar “a súa aposta por unha visión transversal das persoas maiores e por visibilizar como éxito das nosas sociedades a súa lonxevidade e todo o que poden achegar aínda”.

Neste sentido subliñou a prevención como un elemento fundamental “para manter activo o noso cerebro. Exercitalo durante toda a nosa vida é moi importante porque será a ferramenta que nos permitirá manter a nosa autonomía, e lograr maior calidade de vida e independencia”.

Os talleres de “Cultiva a mente” serán impartidos por unha psicóloga e abordaranse diferentes cuestións. Así dentro da área de hábitos saudables prestarase especial atención ao envellecemento activo, a promoción das relacións sociais e prevención da soidade, así como a aposta pola independencia e autonomía.

Dentro do ámbito das capacidades cognitivas traballarase facendo fincapé en aspecto como as funcións executivas, a memoria, a atención, a orientación, a linguaxe e o cálculo, entre outros.

Un total de 30 persoas (divididas en dous grupos) participarán nos talleres “Cultiva a mente” que se desenvolverán unha vez á semana, cunha duración de dúas horas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies