spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda forma un gran lazo no día do cancro de mama

Salceda forma un gran lazo no día do cancro de mama

Salceda forma un gran lazo no día do cancro de mamaO concello de Salceda, en colaboración coa Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama(ADICAM), conmemorou o Día do cancro de Mama no seu pavillón municipal

Revista COUSAS DE Nº15

O acto organizado pola Concellería de Sanidade congregou a varias decenas de persoas, que baixo a coordinación das monitoras do Club de Patinaxe das Escolas Deportivas Municipais, realizaron un gran lazo humano sobre a pista do pavillón. Tamén asistiron ao mesmo a alcaldesa Verónica Tourón e concelleiras e concelleiros da corporación municipal.

A cada unha das persoas que participaron se lles entregou unha camiseta de cor rosa e un pano conmemorativos do Día do cancro de Mama  para colaborar con ADICAM, que esta a prestar na nosa contorna un gran servizo e apoio a todas as mulleres que padecen este tipo de cancro.

O concello quere agradecer as persoas asistentes a súa solidariedade e apoio pola participación neste acto, no que Salceda amosou unha vez mais, a súa sensibilidade con esta causa realizando este gran lazo humano.

- Publicidade -spot_img