spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoA exposición Castelao grafista (facsímile) chega a Tui

A exposición Castelao grafista (facsímile) chega a Tui

A exposición Castelao grafista (facsímile) chega a Tui A mostra, presentada na Sala Municipal de Exposicións de Tui, está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación

Revista COUSAS DE Nº15

Afundación, a Obra Social de ABANCA, o Concello de Tui e ABANCA presentaron hoxe, na Sala Municipal de Exposicións de Tui, o acto institucional de apertura da mostra «Castelao grafista (facsímile)». Esta exposición está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. A este evento acudiron Rafael Estévez Martínez, primeiro tenente de alcalde; Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino e Cultura; José Luis Romero Quiroga, coordinador institucional de ABANCA en Vigo; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de novembro e poderase visitar de luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h.

A exposición, que conta con pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao rematou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A derradeira leición do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de Estado de 1936.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.

Esta mostra enmárcase no programa social «Cultura por alimentos», que anima o público visitante a realizar a súa visita achegando alimentos non perecedoiros, que serán destinados ao banco de alimentos local.

- Publicidade -spot_img