spot_img
InicioPontevedra e ÁreaSabucedo cabalga de novo sobre un mar de crines

Sabucedo cabalga de novo sobre un mar de crines

Sabucedo cabalga de novo sobre un mar de crines
©turismoriasbaixas

Aloitadoras, aloitadores e cabalos se mergullarán esta fin de semana no Curro do Campo do Medio, na parroquia estradense de Sabucedo, para celebrar a súa festa máis tradicioinal en formato adaptado o coronavirus

Un ano máis tarde e a finais de agosto en lugar de comezos de xullo, as bestas e os ‘ aloitadores’ volverán representar a súa ‘danza’ ancestral. O pasado ano non se puido celebrar e este ano, por mor da pandemia, volve fora da súas datas tradicionais e cun formato adaptado ás esixencias maracdas polas autoridades sanitarias.
Ademais de mover a súa celebración a finais do verán cando a Rapa dás Bestas afacía ser unha das primeiras citas da poboada tempada estival de festas no calendario galego, a Rapa das Bestas 2021 terá un formato reducido: menos público (un terzo da súa capacidade), só dous ‘curros’ (a organización prescinde do tradicional do luns) e sen a habitual verbena da noite do sábado.
Sabucedo cabalga de novo sobre un mar de crines
©turismoriasbaixas
TRADICIÓN
Corpo a corpo. Así é a loita ancestral na que aloitadoras, aloitadores e cabalos se mergullan no Curro do Campo do Medio. Segundo a lenda, dúas irmás ofrecéronlle a San Lourenzo, patrón do lugar, dúas eguas. A ofrenda completaríase se se salvaban dunha peste que, imparable, arrasaba a vila. A promesa cumpriuse e naceu a Rapa das Bestas. Séculos despois, xa coa distinción de Festa de Interese Turístico Internacional, a rapa conmemórase a principios do mes de xullo.

O curro de Sabucedo é o máis internacional e nel exclúese o uso de calquera pau ou utensilio de axuda que non sexa a forza do ser humano.

tradición forma parte do día a día das veciñas e veciños, que desde moi pequenos se internan no curro para axudar as aloitadoras e aloitadores, ao principio cos poldros. Do mesmo xeito, o costume de visitar Sabucedo por estas datas e de colaborar coas tarefas de reunión das mandas nos montes próximos está moi arraigado nas xentes das parroquias próximas, que durante décadas encamiñaron as eguas e garañóns (cabalos macho) de cada manda cara á aldea.

Sabucedo cabalga de novo sobre un mar de crines
©turismoriasbaixas

 

Desde hai uns anos esta tarefa –que antes se realizaba os sábados– ten lugar durante a xornada do venres. Deste xeito resérvase a fin de semana para o espectáculo do curro, para o que non adoitan quedar entradas dispoñibles. Sexa baixo un sol de xustiza ou nun día de menos calor, as bancadas énchense e as colas parecen interminables. Todo paga a pena para gozar dun espectáculo único.

Durante o curro córtanse as crinas das eguas e cabalos, que, ademais, son desparasitados. En primeiro lugar as crías sepáranse das súas nais e son os máis novos os que se encargan de encamiñalos cara a un espazo habilitado para iso. Os aplausos parecen elevar a súa intensidade cando os garañóns se enfrontan, unha imaxe que deu a volta ao mundo. Unha vez rapados, os animais emprenden o seu traxecto cara ao enclave no que descansarán ata a súa volta aos montes.

O LUNS SOLIDARIO

Este ano, debido ás restricións, a organización ha prescidindo do tradicional ‘curro’ do luns, polo que unicamente haberá o da tarde do sábado (18,00 horas) e o da mañá do domingo (12,00 horas). Para ambas as citas, nas que o aforo estará reducido a un terzo da capacidade do recinto (as restricións tamén afectarán os medios acreditados) poden adquirirse entradas a través da páxina da festa –www.rapadasbestas.gal–.

Unhas medidas sanitarias que tamén afectan a parte máis festiva da cita, debido a que, nesta ocasión, non haberá verbena, aínda que non faltará a música con Marcelo Dobode, Uxía Senlle, Tequexetéldere, Pandereteiras do Val de Quireza ou os Gaiteiros Airiños de Caldelas.xa que se doa a recadación a distintas causas benéficas. Cara ao mediodía, a tradición chega un ano máis a un novo punto e seguido, o que encamiña as míticas mandas de Sabucedo ao seu fogar, os montes estradenses.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.