Inicio Baixo Miño Rosana Canda, única galega na cúpula da asociación de directores de hoteles

Rosana Canda, única galega na cúpula da asociación de directores de hoteles

Rosana Canda, única galega na cúpula da asociación de directores de hotelesA directora de Talaso Atlántico, Rosana Canda, acaba de incorporarse á cúpula da Asociación Española de Directores de Hoteis, AEDH, sendo a única galega que forma parte da súa xunta directiva

A organización, fundada en 1972, representa a preto de 1.100 hoteis de España a través dos seus directores. O colectivo organiza seminarios, estudos e impulsa premios que teñan como obxectivo alcanzar a excelencia no sector hostaleiro español.

Canda é directora de Talaso Atlántico desde xullo de 2015. Nada en Pontevedra, leva desde o ano 2006 desempeñando labores de dirección en diferentes establecementos hostaleiros de Galicia. Talaso Atlántico recibiu en 2017, durante o mandado da actual directora, o premio ao Mellor Centro de Talasoterapia de España, Andorra e Portugal.

Canda impulsou, máis aló da xestión hostaleira, a creación da Escola da Saúde, con charlas orientadas ao público xeral, e a consolidación do Curso de Oncoloxía Integrativa da Universidade de Santiago, un referente para que pacientes, profesionais e familias coñezan as últimas investigacións en cancro e estratexias integradas. Ademais, o hotel foi peza fundamental na recuperación da historia do naufraxio do Thalassa, ocorrido en 1949, e organiza unha proba ciclista desde 2017, o Desafío Atlántico. Outra das accións levadas a cabo baixo a dirección de Rosana Canda é a consolidación da cociña de autor do restaurante do hotel, en colaboración co seu chef, Javier Fins.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies