Inicio O Condado As Neves Nava Castro salienta o potencial turístico da rede de observatorios nocturnos apoiado...

Nava Castro salienta o potencial turístico da rede de observatorios nocturnos apoiado pola Xunta en Condado-Paradanta

Nava Castro salienta o potencial turístico da rede de observatorios nocturnos apoiado pola Xunta en Condado-ParadantaA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o Concello das Neves, un dos máis de 100 beneficiarios da última convocatoria de axudas coa que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa cada ano melloras nas infraestruturas turísticas do rural galego e que en 2020 conta cun investimento superior ao millón de euros.

A través desta liña de subvencións, o concello de As Neves recibiu unha subvención de preto de 30.000 euros que permitiron dar forma á rede de observatorios nocturnos e miradoiros deste xeodestino. Inclúense, ademais, no compromiso da Xunta de Galicia por diversificar a actividade turística e dotar aos concellos de instrumentos que lles permitan poñer en valor recursos con potencial e atopar no turismo unha oportunidade de desenvolvemento sociocultural.

Neste caso, as accións desenvolvéronse en San Nomedio, na parroquia de Taboexa, onde se pretende impulsar a observación nocturna das estrelas aproveitando a altitude do monte, de gran pendente e que permite contar cunhas vistas privilexiadas da comarca.

Con iniciativas como esta, a Xunta contribúe a sufragar actuacións de embelecemento, recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos do rural galego, así como iniciativas de iluminación ornamental dos recursos turísticos, a creación de miradoiros paisaxísticos ou actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies