Inicio Vigo e área Redondela Redondela traballa para converter o proxecto «Cidade Amiga da Infancia» nunha “ferramenta...

Redondela traballa para converter o proxecto «Cidade Amiga da Infancia» nunha “ferramenta útil e efectiva para a mocidade”

Redondela traballa para converter o proxecto «Cidade Amiga da Infancia» nunha “ferramenta útil e efectiva para a mocidade”A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, reuníronse con representantes dos centros escolares para darlle impulso definitivo á iniciativa

“A Cidade Amiga da Infancia non pode quedar cinguida á realización de plenos xuvenís, de cando en vez, e que logo as propostas que fan os mozos e mozas caian no máis fondo dos esquecementos”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas nunha xuntanza mantida cos representantes dos centros escolares redondeláns co fin de “darlle un impulso definitivo a esta fermosa iniciativa”.

A rexedora local, acompañada do Concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, incidiron na necesidade avanzar no proceso de constitución do Consello Municipal da Infancia e a Mocidade, “ferramenta imprescindible para que os nosos mozos e mozas dispoñan dun órgano no que presentar achegas, debater propostas e presentar iniciativas”.

Nese sentido, tanto Rivas como Boullosa, aseguraron que o concepto Cidade Amiga da Infancia, ten que deixar de ser un “simple escaparate” para converterse nun xeito de participación “activa da mocidade na vida do seu municipio”.

Lamentaron a alcaldesa e o concelleiro que nos plenos da mocidade que se fixeron, as iniciativas presentadas polas mozas e mozos “caesen no máis absoluto esquecemento”. Estes plenos, que teñen que ter toda a solemnidade que merecen, “non poden ser transformados nun espectáculo público carente de todo contido”.

Rivas insistiu na necesidade de que mozos e mozas teñen que ter a seguridade que “as iniciativas, proxectos e achegas que fan, se transforman en realidades porque é a forma, a única forma, que a mocidade se sinta como parte da vida do seu municipio”.

Para a rexedora local, o correcto desenvolvemento do proxecto ‘Cidade Amiga da Infancia’ vai máis aló dun diploma colgado na parede “senón permite que a mocidade, a través da súa participación activa, comprenda que a política e unha ferramenta marabillosa para transformar a sociedade”.

“Queda moito traballo por facer porque, ata o momento, todo quedou nunha simple declaración de intencións sen ningún contido”, aseguraron Digna Rivas e Daniel Boullosa, traballo que incluirá reunións con todos os sectores involucrados na iniciativa “e cos representantes dos partidos políticos porque se trata dun proxecto de todos e de todas”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies