spot_img
InicioPontevedra e Área“Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible” lema deste ano...

“Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible” lema deste ano para o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo

O vindeiro 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas para concienciar á sociedade sobre este tipo de trastorno e promover a inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

O obxectivo da campaña de concienciación, que este ano acompaña baixo o lema Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”, é que a sociedade entenda cales son esas barreiras (cognitivas e sociais), xa que ese coñecemento permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión do colectivo en todos os ámbitos da sociedade.

Con motivo desta conmemoración, Fundación Menela organiza dous actos na cidade de Vigo:

Acto Institucional

Xoves, 30 de marzo de 2017

De 11:30 a 13:00h

Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei, 1)

Programa:

▪ Lectura Manifesto “Por unha sociedade accesible para as persoas con TEA”

Participarán representantes políticos, familias e persoas con TEA na lectura do manifesto do DMCA elaborado polo movemento asociativo europeo.

▪ Escenificación “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”.

Os alumnos e alumnas do CEE Menela convértense nos verdadeiros protagonistas nun acto que ten o obxectivo de dar a coñecer as barreiras ás que se enfrontan as persoas con TEA, as cales quedarán recollidas nun gran mural (2,70×1,80). A continuación, diferentes membros da sociedade romperán con todas elas, ofrecendo os apoios facilitadores que permitan as persoas con autismo gozar dos seus plenos dereitos.

O acto estará amenizado con novas pezas musicais da Orquestra Castro Navás da que forman parte profesionais e persoas con TEA do centro de adultos que leva o mesmo nome, e finalizará cunha gran foto de familia como recordo deste día.

Acción de Rúa

Sábado, 1 de abril de 2017

De 12:00 a 13:30h

Rúa Príncipe (ao lado da escalinata do museo do MARCO de Vigo)

Programa:

▪ Escenificación “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”.

A rúa do Príncipe acollerá unha acción de visibilización enmarcada na campaña de concienciación promovida por Autismo España e FESPAU. Fundación Menela colocará unha lona photocall (ao lado da escalinata do MARCO) có obxectivo de sensibilizar a sociedade sobre a necesidade de eliminar barreiras, invitando a todas as persoas que se acerquen a “romper juntos barreras por el autismo”.

▪ Lectura Manifesto Día Mundial.

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN

Desde o 16 de marzo Fundación Menela participa de forma activa na campaña viral en Redes Sociais, compartindo fotos de familias, usuarios, prefesionais, etc. facendo o xesto de romper as barreiras polo autismo.

Fundación Menela realizou un video para apoiar a campaña de sensibilización “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”. Está compartido na páxina web e facebook da Fundación Menela.

ILUMINEMOS O MUNDO DE AZUL

O Concello de Nigrán e o Concello de Vigo súmanse a campaña internacional Light it Up Blue (#lLIUB), promovida por Autism Speaks, que consiste en iluminar de azul edificios e monumentos emblemáticos, tinguindo na noite do 1 ao 2 de abril o edificio do Concello de Nigrán e as Fontes da Rúa Aragón, respectivamente.

COLABORACIÓNS

Vitrasa e Aucoares Lar colaborarán coa Fundación Menela neste acercando aos rapaces e profesionais ao Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Vitrasa tamén apoia a campaña de concienciación incorporando a imaxe da propia campaña as pantallas do interior dos autobuses de Vitrasa (en ciclos de 2/3 minutos), do 30 de marzo ao 3 de abril. Enviouse a imaxe da campaña có logo da Fundación Menela

Mar de Ons.- O domingo día 2 o Barco de Mar de Ons, que cubre o traxecto Vigo – Cangas, navegará pola ría de Vigo decorado con banderíns azuis e unha gran lona que visibiliza o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.