Inicio Pontevedra O Auditorio Mar de Vigo acollerá a Gran Gala de presentación da...

O Auditorio Mar de Vigo acollerá a Gran Gala de presentación da Campaña de Turismo Rías Baixas 2017

o-auditorio-mar-de-vigo-acollera-a-gran-gala-de-presentacion-da-campana-de-turismo-rias-baixas-2017O Goberno de Carmela Silva reunirá no Auditorio Mar de Vigo aos concellos, a industria musical, as adegas e as empresas de todo o sector turístico da provincia

 Camiños, Festivais, Enoturismo e Excelencia serán os eixos da campaña de promoción de Turismo Rías Baixas 2017 baixo o lema “Moito por descubrir”

 O Auditorio Mar de Vigo acollera este xoves, 30 de marzo, as 20 horas, a gran Gala de presentación da Campaña de Turismo Rías Baixas 2017, na que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva dará a coñecer as grandes liñas que marcarán este ano a promoción da provincia e na que a gran comarca de Vigo terá especial protagonismo.

Na Gala, na que haberá ademáis moita música, baile, humor e sorpresas, a presidenta reunirá aos alcaldes e alcaldesas da provincia, aos promotores da industria musical de Rías Baixas, aos representantes das principais adegas e a máis de duascentas empresas do sector turístico que este ano conseguiron o selo de calidade SICTED e que recibirán a acreditación no evento.

Baixo o lema de “Moito por descubrir” e coas “matrioskas” como imaxe de promoción,  a ambiciosa campaña deste ano de Turismo Rías Baixas descansará en catro eixos fundamentais: os seis Camiños a Santiago que percorren a provincia de Pontevedra, especialmente no que se refire a comarca de Vigo, o Camiño Portugués e o Camiño pola Costa; os Festivais Rías Baixas con especial referencia a “Marisquiño”, “Sinsal” e “Vive Nigrán”; o Enoturismo, coas riquísimas zonas do Rosal e Condado ademáis do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño; e a Calidade con numerosas empresas do sur da provincia que xa obtiveron o distintivo SICTED.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies