spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño homenaxea aos seus deportistas na III Gala do Deporte

Tomiño homenaxea aos seus deportistas na III Gala do Deporte

tomino-homenaxea-aos-seus-desportistas-na-iii-gala-do-deporte

Entre as novidades desta 3ª gala, houbo premios sobre os valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “unha vida adicada o deporte”.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, salientou a gran calidade dos deportistas locais, animándolles a seguir na mesma liña de esforzo e superación.

O pasado  sábado, 25 de marzo, Tomiño celebrou a súa III Gala do Deporte. No acto, que tivo lugar no Auditorio de Goián, fíxose entrega de diferentes premios aos deportistas destacados durante o último ano. Coma nas edicións anteriores, o encargado de presentar a gala, foi Terio Carrera, nesta oportunidade, acompañado polo actor “Pepo os Suevos”.

Entre as novidades desta 3ª gala, figuraba un premio relacionado cos valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “Unha vida adicada o deporte”.

Os gañadores foron:

*Mellor deportista masculino : Rubén Millán  (Piragüismo).

*Mellor deportista feminina: Iría Rodríguez (triatleta).

*Mellor evento deportivo:  Campionato galego integrador organizado pola Asociación SEN AMARRAS.

*Mellor adestrador: Jacobo Vázquez.

*Mellor promesa masculina: Hugo Domínguez.

*Mellor promesa feminina: Alba Soutelo.

*Mellor club base:  Club Deportivo Miño “Os Teixugos”.

*Mellor equipo de fútbol: Tebra FC.

*Mellor entidade colaboradora co deporte:  Protección Civil de Tomiño.

As mencións especiais foron para:

Tomiño FC por ascender a segunda rexional.

Tomiño base, campións categoría xuvenil.

Adrián Vaz (Karts).

Premio unha vida adicada ao deporte foi para:

Iria Leiros (Kung fu).

Diego Silva do Choco FC.

 

- Publicidade -spot_img