spot_img
InicioBaixo MiñoO Mercado de Tomiño acollerá a exposición “Os Espantallos ao Vento no...

O Mercado de Tomiño acollerá a exposición “Os Espantallos ao Vento no Camiño”

Unha vintena de artistas luso galaicos renden tributo á figura do espantallo en Tomiño

O Mercado de Tomiño acollerá a partir do sábado 1 de abril, a exposición “Os Espantallos ao Vento no Camiño”, na que participa unha vintena de artistas luso-galaicos. A mostra forma parte do proxecto “Retorno dos coidadores das hortas ao Camiño de Inverno”, do rosaleiro Manuel Estévez , e conta coa colaboración do artista tomiñés Basilio Calzado e do Concello de Tomiño.

A iniciativa pretende conseguir a implicación de artistas ou de xente do rural na instalación de espantallos nos sitios próximos á ruta de peregrinación a Compostela, así coma tamén en salas de exposicións no mesmo itinerario.

“Queremos dar a coñecer os pobos polos que transcorre o Camiño de Inverno, e tamén é un xeito de espallar a creatividade e dar a coñecer o desenvolvemento hortícola, histórico, cultural e etnográfico estendido pola ruta”, explican os organizadores.

Pensan que os espantallos son máis que unha ferramenta para aledar aos paxaros e queren que volvan a formar parte da paisaxe rural nas hortas que abeiran a ruta’.

Na mostra tomiñesa participarán máis de 20 artistas galegos e portugueses; entre eles, tres tomiñeses (Emilio Cabezas, Luis Oliveira e Basilio Calzado) e tamén persoas do rural que levarán á exposición algún espantallo de palla feito por elas.

Entre os máis destacados do panorama artístico nacional, atópanse o cubano Nelson Villalobos e o vigués Xavier Lemos.

A exposición poderase visitar en horario de mañá e tarde (no horario habitual do mercado) até o día 30 de abril.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.