O Concello de Ribadumia, dentro do seu compromiso cos veciños do municipio e en colaboración con SOGAMA, acaba de ampliar o número de composteiros que se van a entregar de forma gratuíta dentro do plan da compostaxe doméstica.
Aínda que ó principio acordouse a entrega de vinte cinco composteiros, o Concello decidiu ampliar o número ó total de xente inscrita e seguirá ampliándoo a medida que se vaia anotando máis xente. Esta decisión ven tomada pola boa acollida e polo interese mostrado por parte dos veciños en temas de reciclaxe e produtos biolóxicos.
Os interesados aínda están a tempo de inscribirse no Concello, xa que o prazo de inscrición termina mañá. Ademais, dada a acollida, o Concello ten pensado ampliar o número de composteiros para os veciños que desexan anotarse máis adiante.
Como xa se informou, os beneficiarios do plan van recibir unha charla previa á entrega dos composteiros onde se solucionarán as dúbidas acerca de qué é o compostaxe, qué se necesita para facelo, cómo utilizar o composteiro, os materiais a depositar e demais preguntas que poidan ter os asistentes.
A charla, guiada por un técnico de SOGAMA, terá lugar o vindeiro luns día 27 de abril na Casa da Cultura de Ribadumia en horario de 20:00 a 22:00 horas. Alí recibirán un manual para cada familia sobre a compostaxe doméstica. Despois da charla e da instalación dos composteiros os inscritos terán un seguimento para corrixir malas practicas e solucionar dúbidas ao longo do proceso.
Dende o Concello queremos agradecer ós veciños a acollida nesta experiencia piloto en Ribadumia e recordar que os interesados aínda están a tempo de inscribirse. Tendo en conta os beneficios medioambientais, económicos e sociais que o plan pode aportar, pedimos dende aquí a máxima difusión.
O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos. Esta experiencia, que xa se está a levar a cabo noutros concellos, está a conseguir moi bos resultados.



