spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior acolle mañá a X Ruta turística de cohes clásicos e antigos...

Soutomaior acolle mañá a X Ruta turística de cohes clásicos e antigos “A Lanzada”

Soutomaior-acolle-mañá-X-Ruta-turística-cohes-clásicos-antigos-"A Lanzada"Os vehiculos concentraranse no Peirao de Arcade antes de visitar o Castelo

O Peirao de Arcade converterase de novo mañá nun referente para os amantes do motor grazas á X Ruta Turística de Coches Clásicos e Antigos “A Lanzada“. Un encontro de dous días que encherá as estradas dos concellos de Soutomaior e Ribadumia de Seat 600, Citröen 2cv, Renault 4 e moitos outros modelos, cheos de recordos e de historias.

A concentración comezará ás 16:00 horas na chaira do Peirao de Arcade. Unha vez alí, os condutores exporán os seus vehículos ante todos os asistentes até as 18:00 horas. Nese momento a caravana de coches clásicos tomará forma e partirá cara ao Castelo de Soutomaior, onde os condutores e amigos gozarán dunha visita guiada por todo o recinto e dunha tarde entre amigos e amantes dos coches clásicos.

A xornada do domingo será, como todos os anos, en horario de mañá. Ás 11:00 da mañá a caravana de coches antigos desprazarase até o xacemento arqueolóxico do Monte do Castro en Ribadumia.

Despois dun pequeno paseo a pé desde os castros até a adega Santiago Roma, os participantes gozarán da contorna castrexo até a unha do mediodía, hora da tradicional comida de confraternización e entrega de recordos aos asistentes

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.