spot_img
InicioVal MiñorBaionaPraias sen fume; un proxecto de saúde e respeto

Praias sen fume; un proxecto de saúde e respeto

Praias-sen-fume-proxecto-saúde-respetoO Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, participará no “I Congreso Internacional de Seguridade e Turismo Sustentable. VIII Xornadas de Socorrismo baseado na evidencia científica”, que terá lugar este venres na Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Fisica en Oleiros (A Coruña).

Este congreso organizado polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da A Coruña, Grupo de Investigación Motricidad e Rendemento en Salvamento e Socorrismo da Universidade de Vigo e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) pretende ofrecer por primeira vez unha formación na que se relacionaran a seguridade dos cidadáns e o turismo sustentable, entendendo estes temas como partes dunha mesma realidade no medio acuático. Achegaránse investigacións, metodoloxías, procedementos e técnicas novas.

No relatorio “Praias sen fume: un proxecto de saúde e respecto“, Jesús Vázquez defenderá o proxecto que comezou no ano 2012 no Concello de Baiona tras tomar a decisión de vetar o tabaco na praia da A Ribeira e Os Frades, converténdose nun xesto pioneiro que nos sucesivos anos foise estendendo con éxito ao resto dos areais da contorna da fortaleza de Monterreal.

Desta maneira defende os beneficios para a saúde e o medio ambiente.

Facilitará estatísticas na que demostran a gran acollida que tivo este proxecto que, sen carácter sancionador, tenta crear un ambiente sen tabaco, ademais de mellorar a limpeza dos areais axuda a concienciar duns bos hábitos na saúde.

- Publicidade -spot_img