spot_img
InicioBaixo MiñoRematada a segunda obra de restauración do obradoiro de emprego Revaloriza Tui

Rematada a segunda obra de restauración do obradoiro de emprego Revaloriza Tui

Rematada a segunda obra de restauración do obradoiro de emprego Revaloriza TuiTras o lavadoiro do Souto, agora avanzan os traballos do Lavadoiro de  Fontenla en Areas e da fonte de Albelos en Guillarei

Revista COUSAS DE Nº13

O alumnado do Obradoiro dual de Emprego “Revaloriza Tui ” vén de rematar a restauración do Lavadoiro do  Souto en Guillarei.  Foi un traballo conxunto realizado polos alumnos a alumnas das dúas especialidades deste proxecto formativo Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira.

En marzo completaran xa a restauración do lavadoiro de Laxes en Randufe.  Agora tras concluír estes dous primeiros traballos o alumnado avanza na restauración do Lavadoiro de  Fontenla en Areas e da fonte de Albelos en Guillarei.

O obradoiro iniciou a súa actividade en outubro de 2021 formando, durante nove meses, a vinte persoas nas dúas especialidades con que conta esta acción de formación e emprego.

Ao remate do proxecto o alumnado recibirá o correspondente certificado de profesionalidade tras completar a súa formación.

O Obradoiro dual de emprego “REVALORIZA TUI 2021” foi concedido pola Consellería de Emprego e Igualdade ao Concello de Tui, sendo financiado pola Xunta e cofinanciado polo Concello de Tui.

- Publicidade -spot_img