spot_img
InicioCondado ParadantaMeninas e os materiais cos que se confeccionan as alfombras de Ponteareas,...

Meninas e os materiais cos que se confeccionan as alfombras de Ponteareas, protagonistas da nova exposición do auditorio

Meninas e os materiais cos que se confeccionan as alfombras de Ponteareas, protagonistas da nova exposición do auditorioA mostra estará aberta ata o vindeiro 20 de xuño de 17.00 a 20.00 horas, agás o sábado 18 (de 17.00 a 02.00 h) e o domingo 19 (de 09.00 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 h)

Revista COUSAS DE Nº13

As Meninas e os materiais empregados habitualmente na confección das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas son os grandes protagonistas da nova exposición do vestíbulo do auditorio municipal, unha mostra que reúne unha pequena representación dalgúns dos elementos esenciais da festa grande da vila.

Ata o vindeiro 20 de xuño, as e os visitantes poderán achegarse ao auditorio para coñecer coa exposición ‘Corpus en flor’ algún dos materiais empregados de forma habitual na creación das alfombras florais, como poden ser a hortensia, o pampullo seco, a carriza branca, o fiúncho, a tuia, a mimosa ou os carapuchos de landra, entre moitos outros. Cada unha das mostras conta cun cartel informativo co nome da planta en galego, español e portugués para facilitar o seu coñecemento a todas as persoas participantes.

Ademais, na mostra as e os visitantes poderán gozar de grandes lonas con imaxes antigas das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas e coa exposición de 29 novas Meninas de madeira a tamaño natural decoradas polo alumnado dos centros educativos ponteareáns. Con este proxecto o Concello quere difundir unha parte descoñecida da historia de Ponteareas, así como fomentar o talento creativo dos nenos e nenas, enriquecendo a cultura colectiva conectada á imaxe universal da arte floral.

A exposición poderá visitarse de balde polas tardes en horario de 17.00 a 20.00 horas, agás o sábado 18, que estará aberta de 17.00 a 02.00 horas, e o domingo 19, que terá un horario de 09.00 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 h. Na porta de entrada haberá habilitado un photocall para que as persoas visitantes poidan sacarse fotos e difundilas en redes sociais baixo o hashtag #CorpusPonteareas.

- Publicidade -spot_img