spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs rúas da Guarda encheranse de cor con as Alfombras Florais pola...

As rúas da Guarda encheranse de cor con as Alfombras Florais pola celebración do Corpus

a-guarda-celebrou-o-corpus-coas-tradicionais-alfombras-florais-e-a-procesionA Guarda recupera unha das festas tradicionais da vila despois da pandemia da COVID-19 e convida a veciños e visitantes a gozar da elaboración das alfombras florais

Revista COUSAS DE Nº13

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na madrugada deste domingo para a confección das Alfombras Florais.

Deste xeito, traballan a reo os veciños do pobo que, colectivamente, organízanse para levar a cabo esta actividade, a realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, na mañanciña do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

- Publicidade -spot_img