spot_img
InicioO MorrazoBueuO Club do Mar Bueu-Teccarsa presenta o seu equipo para a tempada...

O Club do Mar Bueu-Teccarsa presenta o seu equipo para a tempada de traiñeiras

O Club do Mar Bueu-Teccarsa presenta o seu equipo para a tempada de traiñeirasO Club do Mar Bueu-Teccarsa presentou hoxe o equipo para esta tempada da liga de traiñeiras, que comeza a próxima fin de semana.

Revista COUSAS DE Nº13

O acto, que tivo lugar ao mediodía na Praza do Concello, contou coa presenza do alcalde de Bueu, Félix Juncal e de diversos membros da directiva do Club, así como da corporación municipal, caso de Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Ana Isabel Otero, concelleira de benestar social e igualdade, Elena Estévez, María Carmen Núñez e María Blanco, edís do PP.

O rexedor municipal, desexoulle ao club moita sorte, e salientou que “é un agasallo poder seguir compartindo estes días e meses con esta familia, que nos últimos anos están conseguindo propulsar o deporte do remo, que é moi importante en Bueu porque ante todo somos un pobo de mar e este forma parte do noso ser e do noso ADN”.

O equipo de traiñeiras desta tempada compóñeno Sergio Pérez, Diego Pérez, Óscar Martínez, David Moledo, Carlos Macho, David Martínez, José Manuel Freire, Andrés González, Raúl Baqueiro, Diego Otero, Rubén García, Ismael Lijo, Ángel Moledo, Salvador Castro, Esteban Paz, Carlos Pérez, Wojciech Adam Janawa, Ignacio Ortega, Andrés Ríos e Jesús Ángel Rodríguez.

Manuel Juncal, presidente do Club, agradeceu a todos os que forman parte do equipo “por estar traballando todo o ano con ilusión, e grazas aos que vivimos na pasada tempada moitísimas emocións”. Ademais, tamén avanzou que nesta tempada se van poder seguir estas regadas pola segunda canle da TVG, tanto en directo como en diferido, e xa anunciou que o 24 de xullo será Bueu o escenario elixido para a competición.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.