spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela presenta a súa campaña de Nadal 'Merca en Redondela. Merca na...

Redondela presenta a súa campaña de Nadal ‘Merca en Redondela. Merca na Casa’

Redondela presenta a súa campaña de Nadal 'Merca en Redondela. Merca na Casa'A iniciativa reflicte o compromiso do Goberno redondelán co comercio de proximidade “que nos ofrece todo o que precisamos para estas datas, cunha indubidable calidade e un esmerado servizo”, asegura a alcaldesa Digna Rivas

O Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acolleu a presentación da campaña de Nadal do Concello redondelán ‘Merca en Redondela. Merca na casa’ unha iniciativa coa que o Goberno local quere “reafirmar o compromiso co comercio local ante a grave situación que a pandemia está a provocar neste sector produtivo”.

A alcaldesa, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Comercio, María Castro e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, daban a coñecer unha campaña que busca que a cidadanía, á hora de planificar as súas compras, “teña como primeiro punto de referencia o noso comercio, o máis próximo e o que dinamiza a economía local”, afirmou a rexedora local na presentación.

A campaña, segundo sinalouse na presentación, desenvolverase “tanto online como de xeito presencial” distribuíndose, neste último caso, elementos decorativos como vinilos para os escaparates e adornos corpóreos. Ademais, buscáronse fórmulas para facilitar a compra en Redondela e Chapela mediante descontos no aparcadoiro.

Doutra banda, o soporte audiovisual cobrará unha especial importancia cun vídeo no que se anima á veciñanza a mercar no comercio local e que adquirirá un notable protagonismo nas redes sociais.

Pero, ademais, mercar en Redondela terá premio. Así ‘Merca en Redondela. Merca na casa’ premiará á clientela con agasallos directos como tote bag personalizadas e a oportunidade de entrar no sorteo de cestas de Nadal, todas elas mercadas polo Concello de Redondela entre o comercio local.

Digna Rivas, nas súas palabras, quixo reafirmar o seu compromiso e o do seu Goberno “co comercio que temos ao noso carón, co noso, co que xera riqueza e emprego no municipio e que está a levar a peor parte na crise provocada pola COVID-19”.

Nesa liña, a rexedora local fixo un chamamento á veciñanza a que “merque no comercio local, que ten unha calidade excepcional e ofrece un trato personalizado, próximo e amable”. “Non é preciso saír dos nosos limites –apuntou Digna Rivas– para atopar todo o que necesitamos. Este Nadal felicitemos ás festas mercando en Redondela, mercando na casa”, concluíu a rexedora local.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.