spot_img
InicioVal MiñorNigránClausura do Programa de Emprego Inclusivo da Fundación Érguete en Nigrán

Clausura do Programa de Emprego Inclusivo da Fundación Érguete en Nigrán

Clausura do Programa de Emprego Inclusivo da Fundación Érguete en NigránAo acto no Auditorio Municipal acudíu o alcalde, Juan González, a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, e as deputadas  Raquel Giráldez (Nigrán) e Iria Lamas (Gondomar)

Fundación Érguete-Integración, Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán celebraron esta mañá no Auditorio Municipal a clausura do curso ‘Acompañante de transporte escolar e comedor escolar’ e ‘Auxiliar de Comercio’ de mellora da empregabilidade dirixido a desempregados. Ao acto acudíu o alcalde de Nigrán, Juan González; a presidenta da fundacion, Carmen Avendaño; e as deputadas provinciais Raquel Giráldez (Nigrán) e Iria Lamas (Gondomar).

O proxecto Emprego Inclusivo, promovido pola Deputación de Pontevedra, e desenvolvido coa colaboración do Concello de Nigrán e Zona Franca, estivo dirixido a desempregados, facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación ou capacitación técnica e prácticas en empresa, e Itinerarios Individualizados de Inserción, que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral. Precisamente, 5 persoas están xa actualmente a traballar a raíz destes cursos programados pola maior demanda destes perfís laborais debido ao Covid-19.

No curso  aprenderon a realizar as tarefas de coidado e atención dos alumnos usuarios do servicio de comedor, inculcando bos hábitos alimenticios e ensinando ós nenos a comer de xeito saudable, e o control das saídas e entradas dos alumnos para que ningún abandone o recinto sen permiso. Na parte de acompañante de transporte escolar: o coidado dos menores durante o transporte e as operacións de acceso e abandono do vehículo, así como, no seu caso, da recollida e acompañamento dos/das alumnos/as dende e ata o interior do recinto escolar.

O de ‘Auxiliar de Comercio’ desenvolveuse no Centro de Negocios de Porto do Molle dirixido tamén a mellorar a empregabilidade entre persoas en busca activa de emprego. Esta formación proporcionou a persoas en busca de emprego os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar o traballo no sector do comercio e impulsar a súa inserción laboral. Entre as competencias xerais que adquiriron as persoas asistentes estiveron a prestación de atención e información  protocolarizada e estruturada ao cliente; así como realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda.

- Publicidade -spot_img