spot_img
InicioBaixo MiñoEste Nadal encherá as rúas de Tui de música, teatro e animación

Este Nadal encherá as rúas de Tui de música, teatro e animación

Este Nadal encherá as rúas de Tui de música, teatro e animaciónAs rúas e prazas do centro urbano será o escenario da actividade de animación programada polo Concello dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal” que se vai desenvolver dende este sábado 19 de decembro e até finais de ano. O programa festivo pecharse coa recepción dos Reis Magos o 5 de xaneiro, nun acto cheo de maxia e ilusión do que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.  

Catorce agrupacións serán as encargadas dos pasarrúas musicais ou teatrais previstos e plantexadas con todas as medidas de seguridade de prevención da COVID19 e con espectáculos sempre en movemento.

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá varios concertos nestas semanas reducindo o número de músicos de cada actuación a unha véntena e adaptando o repertorio a estas condicións especiais tanto nos ensaios coma nas actuacións.

As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo encherán de festa rúas e prazas nestas datas festivas. Nesta programación de Nadal estarán tamén presentes as agrupacións folclóricas das distintas parroquias tudenses que farán soar a nosa música tradicional nos pasarrúas previstos a cargo dos grupos Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, San Fins de Rebordáns, Seixos Albos de Areas, Arume de Malvas, Xuntanza de Randufe, ou A Insua de Caldelas.

Barafunda presentará os espectáculo de animación con globos “Trasnos” e “Alicornos”. A compañía de novo circo Asacocirco presentará “De Branco” e “Con Frak”, e Troula achegará “Krasnobarak” e “Carteiro Branco Real”.

Amais o día 24 estará  en Tui dentro do “Nadal en Galego” da Deputación o Apalpador. Dende ás 17 h fará un pasarrúas musical xunto a un compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e do seu burro Río Lor para que os nenos e nenas poidan gozar das súas lendas, da súa sabiduría.

A programación pecharase o 5 de xaneiro coa presenza en Tui de Melchor, Gaspar e Baltasar cunha recepción real da que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.

Tui, O Camiño de Nadal

Programación de rúa

Sábado 19

  • Ás 12:30 h Grupo de gaitas Aloia de Pazos de Reis
  • Ás 18:30 h Charanga A Tu Ritmo
  • Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs

Domingo 20

  • Ás 12:30 h Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro
  • Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos
  • Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs

Luns 21

  • Ás 17:30 h Barafunda “Trasnos”

Martes 22

  • Ás 17.30 h Asacocirco “De Branco”

Mércores 23

  • Ás 17:30 h Troula “Krasnobarak”

Xoves 24

  • Ás 17:00 horas no Paseo da Corredoira O apalpador
  • Ás 18.30 h Charanga A Tu Ritmo

Sábado 26

  • Ás 12:30h Grupo de gaitas Seixos Albos de Areas
  • Ás 18:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
  • ÁS 19:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas

Domingo 27

  • Ás 12:30 h Alumnado da Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas
  • Ás 13.15 h Grupo de Gaitas San Fins de Rebordáns
  • Ás 18:30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
  • Ás 19:30h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe

Luns 28

  • Ás 17:30 h ASACOCIRCO “Con FRAC”
  • Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs

Martes 29

  • Ás 17:30 h Barafunda “Alicornos”
  • Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs

Mércores 30

  • Ás 17:30 h Troula ” Carteiro Branco Real”
  • ÁS 18:30 h Charanga Cantos Somos

Martes 5 de xaneiro

  • Recepción dos Reis Magos

 

 

- Publicidade -spot_img