spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela ofrece unha programación variada para a celebración do Día de Rosalía...

Redondela ofrece unha programación variada para a celebración do Día de Rosalía de Castro centrada no impulso do comercio local

Redondela ofrece unha programación variada para a celebración do Día de Rosalía de Castro centrada no impulso do comercio localAs actividades irán do 23 ao 25 de febreiro e involucra ás escolas, locais de hostalaría, e librarías que ofreceran descontos para os ibros en gaelgo durante eses días.

Cousas de revista nº16

O Concello de Redondela, a través da área de Normalización Lingüística dirixida pola alcaldesa Digna Rivas, organiza un ambicioso programa para celebrar o Día de Rosalía de Castro. “A intención é ofrecer un programa variado para toda a familia no que poder incluir o comercio local e as institucións educativas. É unha prioridade deste goberno facer unha programación por e para os veciños de Redondela”, explica Rivas,

Nesta iniciativa, en sintonía coas actividades promovidas pola Fundación Rosalía de Castro, o Concello colabora coa Asociación de Empresarios/as de Redondela a través dos establecementos de hostalaría, floreisterías e librarías locais. Entre as librarías podemos atopar A Carambola, La Imprenta, Mandamamá e  Molière; entre as floristerías atopamos a A&M Flores; serán os hostaleiros e hostaleiras de 78 Gastrobar, A Cova, Bar Nando, Casa Chano, Don Vinarius e Pizzería Bos Aires os encargados de realizar unha proposta propia do chamado “Caldo de Gloria” inspirado no poema Rosalía de Castro para ofrecer aos consumidores.

Por outra banda, todas as librarías de Redondela paritciparán de maneira activa. Durante o 23 ao 25 ofrecerán descontos para o libro en galego, agasallarán unha flor e promocionarán a figura de Rosalía. “Neste sentido, animamos ao pobo de Redondela a partcipar activamente nesta iniciativa na aposta deste goberno por incenivar o consumo no comercio local”, explica Rivas.

O mundo do ensino tamén participará. O concello proxectará a curtametraxe ‘A rosa incandescente’ para alumnado dos IES de Chapela ás 10:30 h no Auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela e paara o IES de Redondela ás ás 12:00 h no Auditorio da Xunqueira de Redondela. Esta proxección contará cunha introdución do técnico de normalización do noso concello, que é especialista no período do Rexurdimento e na propia obra de Rosalía. O día 23, data do nacemento de Rosalía, farase unha ofrenda floral e un acto institucional na propia Alameda de Rosalía, en Chapela. Nela participará o alumnado do CEIP Alexandre Bóveda que tomarán a palabra e dramatizarán algúns dos textos. De cara ao 25, as actividades duplícanse. En Redondela, no Multiúsos da Xunqueira, haberá un espectáculo infantil centrado na vida e na obra de Rosalía de Castro.

Pola súa banda, en Chapela, celebrarase unha homenaxe popular dando voz aos distintos sectores sociais de Redondela encargados todos eles por mulleres. Dende o Clube de Remo feminino, mestras, hostaleiras ou libreiras… ademais contarase coa actuación do grupo de baile tradicional Anaquiños e tamén da soprano rusa Anna Melhikova, que interpretará un repertorio con obras de Rosalía, Curros ou Pondal.

En definitiva, a rexidora asegura que  “Redondela presenta un programa dos máis completos de toda Galicia para celebrar e lembrar o exemplo de Rosalía como muller feminista e escritora. Sempre implicada na xustiza social e como muller activista a prol da liberdade de Galicia e da dignificación do noso pobo. Debémoslle moito a ela e Redondela quere situarse, coma sempre, nun lugar privilexiado no fomento da nosa terra. A fin de contas, a participación social nestes actos exemplifica como nos unimos arredor de Rosalía, do seu significado e sen dúbida por ser ela unha encarnación da idea de Galicia.

- Publicidade -spot_img