spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Festa da Arribada 2023 presenta o seu vídeo oficial

A Festa da Arribada 2023 presenta o seu vídeo oficial

A Festa da Arribada 2023 presenta o seu vídeo oficialO Concello de Baiona presentou o vídeo oficial da XXVII Festa da Arribada, a través de diversas plataformas dixitais

Cousas de revista nº16

No vídeo mestúranse espectaculares imaxes da edición do ano pasado, a primeira celebración tras o confinamento que foi todo un éxito.

“Este ano, viviremos unha Arribada sen restricións. A pasada edición vímonos obrigados a adaptarnos ás medidas e restricións Covid, tivemos que adecuarnos aos tempos que nos tocaron vivir. Desde o consistorio, contando coa estreita colaboración do tecido empresarial e comercial, ideamos distintas iniciativas, cuxos resultados avalaron os cambios propostos. Esta vinte e sete edición supoñerá un salto cualitativo da celebración e a culminación das melloras implementadas en 2022. Seguiremos con esta liña de traballo que tan bos resultados reportounos. Todas e todos nos involucraremos, para que como pobo, sexamos capaces de impulsar a definitiva recuperación económica do noso municipio”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

O Concello de Baiona desvelará todos os detalles e novidades desta nova edición nunha rolda de prensa a próxima semana

A Festa da Arribada 2023 presenta o seu vídeo oficial

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]