spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela ofrece novos roteiros para dar a coñecer o seu patrimonio cultural...

Redondela ofrece novos roteiros para dar a coñecer o seu patrimonio cultural e natural

As novas saídas guiadas que comezaron esta fin de semana coa Ruta polas pedras de Ventosela, alternarán visitas diurnas e noturnas que terán carácter totalmente gratuíto

Revista COUSAS DE Nº13

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, xestionada por María Castro Abad, vén de dar a coñecer o programa das novas rutas guiadas que se desenvolverán dende este mes de xuño e ata o vindeiro mes de outubro. Esta iniciativa realizada en colaboración con Citania Arqueoloxía e encamiñada a dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio, acadou un importante éxito de participación nas rutas desenvolvidas con anterioridade.

Despois da primeira saída guiada seguirán a Ruta nocturna polos Petroglifos da Pedreira en Ventosela, na noite do 30 ao 31 de xullo; Ruta diurna a Monte Buxel en Reboreda, o 25 de setembro e pecharase esta nova quenda de roteiros coa Ruta nocturna polos Petroglifos de Penide/Mirallo, na noite do 29 ao 30 de outubro.

Cómpre lembrar que no caso das visitas nocturnas as prazas serán limitadas. As persoas interesadas en participar en calquera dos roteiros, poderán facelo no teléfono 600 381 782 (dende o luns anterior a cada visita) e poden obter máis información na páxina de Facebook https://www.facebook.com/ACitaniaGalicia/.

- Publicidade -spot_img