spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Deputación oferta para este verán 1.250 prazas para as visitas teatralizadas...

A Deputación oferta para este verán 1.250 prazas para as visitas teatralizadas e caracteizadas ao Castelo de Soutomaior

30-nenas-e-nenos-participaron-acompanados-polas-suas-familias-na-primera-das-visitas-teatralizadas-ao-castelo-de-soutomaiorAs visitas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 30 de agosto. O prazo para adquirir as entradas en www.castelodesoutomaior.com  xa está aberto

Revista COUSAS DE Nº13

As visitas, que se desenvolverán entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, ofertan, tal e como detallou a presidenta,  Carmela Silva, un total de 800 prazas para as caracterizadas, dirixidas ao público adulto, e outras 450 para as teatralizadas, destinadas ás familias. “Animo a que a cidadanía corra, que non o deixe para o último minuto, que se esgotan sempre moi rápido”, asegurou a presidenta da Deputación.

As visitas caracterizadas, a cargo da empresa Aguias, consisten nun percorrido polo Castelo de Soutomaior e os seus xardíns da man de tres anfitrioas “de excepción”: María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria. As tres mulleres, “perfectamente caracterizadas para a ocasión, darán a benvida ás persoas participantes ás que achegarán a un dos parques botánicos máis fermosos de Galicia” indicou Carmela Silva. Estas visitas terán lugar en xullo o día 1, con dous pases ás 18 e 19.30 horas, e os días 8, 15, 22 e 29 con catro pases cada día ás 11, 12.30, 19 e 19.30 horas. En agosto serán os días 5, 19 e 26 con dous pases ás 11 e 12.30 horas e os días  2, 9, 23 e 30 tamén con dous pases ás 18 e 19.30 horas. En cada un dos pases poderán participar un máximo de 25 persoas.

En canto ás visitas teatralizadas, a cargo de Troula Animación, desenvolveranse en forma de conto. Con “Érase unha vez…”, detallou a presidenta, “diferentes personaxes estreitamente relacionados coa vida no castelo como a bufona burlona (encargada de dirixir, dinamizar e organizar a visita), Servando Trobador (encargado da parte musical), Irma (xefa de cociña e ama de chaves do Castelo) e Simón Durmiñón (cabaleiro do Castelo) as familias achegaranse ao castelo de xeito moi divertido”. Terán lugar en xullo os días 4, 11, 18 e 25 con dous pases ás 17 e 18.30 horas e en agosto o 1, 8, 15, 22 e 29 tamén con dous pases ás 17 e 18.30 horas. Ao igual que no caso das visitas caracterizadas, nas teatralizadas poderán participar 25 persoas en cada un dos pases.

- Publicidade -spot_img