spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán abre a súa programación do verán co Festival 'Solpor Monteferro'

Nigrán abre a súa programación do verán co Festival ‘Solpor Monteferro’

Preto de 2.000 persoas asisten á primeira xornada do festival ‘Solpor Monteferro’ de NigránO miradoiro de Monteferro volverá a acoller desde as 19.00 horas e de xeito gratuíto a algunhas das mellores bandas da comarca. Serán Isius, Hash Tag Band e Wondercovers na primeira xornada, e Nicolás Pastoriza, Le Voyeur e Los Cacikes na segunda

Revista COUSAS DE Nº13

O Concello de Nigrán dá a benvida este venres e sábado 1 e 2 de Xullo a súa programación cultural do verán cun dos seus festivais xa máis señeiros no municipio, ‘Solpor Monteferro’, que se celebra neste increíble miradoiro, á tardiña, e coa música dalgúns dos mellores grupos da comarca. Neste enclave único terá lugar a terceira edición dende ás 19.00 horas e de xeito gratuíto cos concertos de Isius, Hash Tag Band e Wondercovers na primeira xornada, e Nicolás Pastoriza, Le Voyeur e Los Cacikes na segunda. Esta sexta edición conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos.

Tal e como xurdiu en 2017, o obxectivo é gozar ao aire libre nunha contorna privilexiada, no miradoiro de Monteferro, un palco proxectado de fronte ao Atlántico sobre sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, a posta de sol permitirá vivir realidades musicais aumentadas. Unha forma distinta de gozar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando o ritmo das ondas e das mellores actuacións en vivo.

Solpor Monteferro é unha experiencia musical para gozar sen présa. Un ano máis, Cervezas Alhambra apoia este evento que regresa á normalidade nun espazo máxico que convida a saborear as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais.

“Apostamos desde sempre por concertos ao aire libre en lugares de indubidable encanto, como por suposto é este pero tamén como o Nigranjazz na Foz, o Vive Nigrán en Pria América-Lourido ou Sona Gaifar en Panxón”, explica o alcalde, Juan González. Así, “o obxectivo é dobre: por unha banda promocionar e por en valor un espazo tan espectacular como Monteferro, e por outra, dar aos grupos locais e emerxentes unha oportunidade de amosar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles”.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]