spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Pinta regresa a Baiona completamente renovada

A Pinta regresa a Baiona completamente renovada

A Pinta regresa a Baiona completamente renovadaA carabela Pinta xa está de novo na baía de Baiona, tras un período de reparacións nos estaleiros “Montenegro” de Vigo

Revista COUSAS DE Nº13

Pero nesta ocasión deuse un paso máis aló e á varada de mantemento rutineira, programada de acordo co protocolo do departamento de Cultura ( un protocolo que contempla unha varada de mantemento en dique seco cada cinco anos, a última fíxose en 2017) sumáronselle outros arranxos máis en profundidade. Así, procedeuse ao cambio do conxunto de cabos pequenos, algo que a última vez que se realizou foi en 1999, aos seis anos de chegar a réplica, que foi construída hai 29 anos, no quinto centenario da chegada a porto da embarcación.

A réplica da carabela ‘Pinta’ de Baiona volveu ao pantalán Cristobal García Sarmiento onde levaba ancorada desde 1994. Co paso dos anos a copia do navío, onde Martín Alonso Pinzón trasladou a noticia do descubrimento da Indias, converteuse en símbolo de identidade da vila.

A visita á réplica da Carabela Pinta é un dos grandes atractivos que ofrece a Real Villa, pola cuberta da embarcación pasa un gran número de persoas a visitar as instalacións e coñecer o seu interior que alberga un museo colombino que recrea aos membros da tripulación, os indíxenas americanos e os obxectos traídos do novo mundo.

Haberá que esperar ao próximo luns, 4 de xullo, para descubrir todas as novidades da museoloxía. Ese día farase tamén unha presentación oficial da renovada nave tanto na súa cuberta como no seu interior e xa o martes, día 5 de xullo, abrirase de novo ao público.

- Publicidade -spot_img